Seis deportistas de Valdeorras entre os gañadores das axudas da Deputación

11 mayo, 2019
Seis deportistas de Valdeorras entre os gañadores das axudas da Deputación
Publicidad

Dous padexeiros do Fluvial Barco e catro atletas da comarca recibiron onte o premio con que a Deputación agasalla os deportistas cualificados da  provincia

 O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entregou onte no Salón de Plenos do Pazo Provincial, as axudas ós deportistas cualificados en modalidades deportivas individuais correspondentes ao exercicio 2018.


Publicidad

Entre os 48 deportistas premiados atopábanse dous padexeiros do Fluvial Barco: Jesús Rodríguez León e Sergio Ruiz Paz. Catro atletas — dous deles do ADAS—, Alejo Ares Prada e Belén García Arias; Leticia Gil Pérez e Carlos Revuelta Parra aínda que da comarca non pertencen a equipos de fora dela.


Publicidad

A Deputación de Ourense ven desenvolvendo esta iniciativa desde o ano 1988. «Preténdese premiar economicamente a estes deportistas ourensáns de disciplinas individuais pero, sobre todo, poñer en valor e recoñecer publicamente o gran esforzo e traballo que hai detrás de cada un destes deportistas que practican disciplinas individuais”, explicou Rosendo Fernández.

Jesús Rodríguez e Pepe Ruiz (recollendo o premio do seu fillo) con Rosendo Fernández

As axudas concedidas, correspondentes ao exercicio 2018, organízanse en catro grupos segundo a categoría do deportista, quedando distribuídas da seguinte maneira: no primeiro grupo atópanse oito axudas de 1.450 euros cada unha; no segundo grupo están cinco deportistas que recibirán unha axuda de 850 euros cada un deles; no terceiro grupo inclúense cinco axudas de 610 euros cada unha; e por último, no cuarto grupo están 30 deportistas cunha axuda económica de 360 euros para cada un deles. En total, a Deputación de Ourense destina preto de 30.000 euros en 48 bolsas para deportistas ourensáns procedentes de diferentes disciplinas deportivas como o piragüismo, ciclismo, ximnasia, wushu, atletismo, xadrez, taekwondo, halterofilia, natación, entre outros.



A axuda otorgada a Jesús Rodríguez é a do primeiro grupo; a Leticia Gil concedéronlle a do terceiro e, o resto dos premiados recibiron a coantía económica do cuarto grupo.

O piragüista Sergio Ruiz Paz non estivo presente no acto de entrega dos premios por acharse de camiño a Eslovenia acompañado por outro membro do club, Manuel Freire. Ambos participarán en Soca, no campionato Europeo de Augas Bravas que se celebra entre o 16 e o 19 de maio.

Ruiz disputará o 17 de maio, a modalidade clásica de patrullas xunto co leonés Guillermo Fidalgo — actual campión de España de piragüismo K-1 en Augas Bravas— e o salmantino Rodrigo Ramos.

O vindeiro 25 e 26 de marzo o Fluvial Barco xunto coa Federación Galega de Piragüismo, organiza no Barco o Campionato de España Descenso de Augas Bravas, clásica e patrullas.


Publicidad

También te puede interesar