Sabina Aguado interésase polas prazas públicas de Asfaval

18 febrero, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
Sabina Aguado interésase polas prazas públicas de Asfaval

A candidata popular á alcaldía do Barco fala de política social na primeira reunión coa conselleira Fabiola García

A candidata do Partido Popular á alcaldía do Barco, Sabina Aguado, interesouse polo estado de tramitación das prazas públicas nos centros da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras, Asfaval, no decurso dunha entrevista que mantivo en Santiago de Compostela coa conselleira de Política Social, Fabiola García.

Sabina Aguado tamén preguntou pola futura ampliación da escola infantil municipal, actuación na que a Xunta de Galicia asume un investimento de 150.000 euros. Con este proxecto de ampliación, a escola pasará a contar con 70 prazas.

A candidata popular, que agradeceu o compromiso do Goberno galego en actuacións do ámbito social, destacou tamén o notable incremento experimentado na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, que alcanzou o 26 %, o que eleva a máis de 46.000 as horas anuais postas a disposición do concello barquense.

También te puede interesar