A Rúa creará unha plataforma contra o cese de servicios de Adif e Renfe

30 enero, 2017 A RÚA , ACTUALIDAD , CONCELLOS
A Rúa creará unha plataforma contra o cese de servicios de Adif e Renfe

O Concello de A Rúa propón a creación dunha plataforma para organizar accións colectivas que reivindiquen o mantemento dos servizos que Adif e Renfe queren facer desaparecer. Neste sentido, a alcaldesa da localidade, María González Albert, anunciou unha convocatoria pública para o próximo xoves ás 18:30 horas, co fin de que asociacións, empresas e veciños colaboren na creación de dita plataforma, e evitar así o peche de billeteiras e demais servizos na estación de A Rúa.

Con esta iniciativa, a Rúa adopta tamén unha actitude proactiva mostrando o seu total desacordo coa decisión unilateral da Administración de Infraestruturas Ferroviarias.

O Concello de O Barco anunciaba fai uns días a decisión unilateral de remitirlle  tanto a Renfe como Adif unha declaración que manifestase o seu desacordo coa proposta anunciada por ditas empresas. Ambos concellos valdeorreses traballarán conxuntamente con outros da provincia de Ourense tamén afectados por esta decisión.

Albert, anuncia así a súa intención de coordinar esforzos con outros alcaldes da comarca para iniciar accións conxuntas que teñan por obxecto defender os intereses das valdeorresas e valdeorreses e de non limitar, aínda máis, as súas posibilidades de comunicación a través de transporte público.

A alcaldesa remarcou que “Valdeorras ten padecido tradicionalmente un abandono por parte das administracións centrais e autonómicas no que ten a ver coas comunicacións. Así, á falta de vías de alta capacidade para tránsito rodado, únense as moi deficitarias liñas de transporte público tanto por estrada (agora ademais en proceso de reconversión) como por ferrocarril”.

No caso específico da Rúa, a estación de tren ten sido, ata o de agora, un claro foco de desenvolvemento e un servizo imprescindible para veciños e visitantes. María González Albert lembrou que “en 2016 foron despachados na estación de tren da Rúa un total de 10.213 billetes; é, polo tanto, un servizo absolutamente necesario para a poboación”.

También te puede interesar