Riada pide ao concello do Barco «feminizar» a elección do pregoeiro das Festas

10 septiembre, 2018
Riada pide ao concello do Barco «feminizar» a elección do pregoeiro das Festas
Publicidad

O portavoz do grupo Riada Cidadá, Félix García, instou ao concello do Barco a que a elección do pregoeiro sexa «feminizada», aludindo ao feito de que «se dé normalidade á igualdade entre homes e mulleres». Recordaba o edil ao alcalde, que o ano pasado, o seu grupo fixera xa a proposta dunha muller coma pregoeira, algo que «non se tiña en consideración» sendo rexeitada a súa proposta «sen motivo».

Félix García aludía ao «respeto» que lles merecen todos os que foron nomeados pero advertía que ao seu grupo non lles parece xusto que sempre sexan homes os escollidos polo grupo de goberno. «No Barco temos moitas mulleres que merecen tal honra», sentenciou. Facendo historia, subliñou o portavoz de Riada que «nos últimos 25 anos tan só unha muller foi elexida» polo que pediu ao concello que para o 2019 a pregoeira fose unha muller, e que se instaurase nos seguintes anos, unha alternancia de xénero. «Se non facemos esforzos, hay que romper a idea convervadora sobre os roles sociais femeninos», explicou.

O alcalde do Barco, pola súa banda, aceptaba o rogo do edil de Riada e tamén o feito de que evidentemente, os homes foron pregoeiros en maioría. Emplazaba aos membros da corporación a falar da proposta en profundidade.

También te puede interesar