Retirada de rabazas do río Sil ao seu paso por O Barco

3 agosto, 2018 ACTUALIDAD , GALERÍAS , O BARCO
Retirada de rabazas do río Sil ao seu paso por O Barco
Retirada de rabazas do río Sil ao seu paso por O Barco
Retirada de rabazas do río Sil ao seu paso por O Barco

No día de onte, xoves 2 de agosto, comezáronse os traballos de retirada de rabazas do río Sil. Alfredo García, alcalde de O Barco, solicitou para elo o permiso a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, xa que o cauce estaba impracticable para o baño.

De forma manual, un grupo de voluntarios, entre os que se atopaba o propio rexidor, retirou do río as plantas acuáticas que resultaban tan molestas para os bañistas, e que debido ao seu tamaño, actualmente impedían o baño nas nosas augas.

También te puede interesar