Representantes do Condesa de Fenosa reclaman á conselleira que se amplíe a cociña

30 julio, 2019
Representantes do Condesa de Fenosa reclaman á conselleira que se amplíe a cociña
Publicidad

Dende a consellería afirman que a ampliación incluirase na reforma do centro

Representantes do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa aproveitaron a visita da conselleira de Educación, Carmen Pomar Tojo, para transmitirlle as súas reivindicacións ante a reforma que se está a facer no centro. Segundo din, a pesar de ter reclamado con anterioridade unha ampliación da cociña, esta non se incluíu no proxecto.


Publicidad

Francisco Pérez Lemos, director do centro, explicaba que «é unha cociña moi pequena para a cantidade de nenos que hai aquí». Dos máis de 300 nenos que estudan no colexio barquense, arredor do 80% empregan o servizo de comedor.

Na cociña do centro traballan 5 cociñeiras nun reducido espazo. “Pasa unha cos pratos cargados e tropeza con outra”, comenta o xefe de estudos, Xoaquín Freixeiro. Di tamén que de non facer nada ó respecto “non habería as condicións mínimas esixibles” para o traballo das cociñeiras.


Publicidad

A posible solución que formulou o director ante conselleira e responsables da obra foi unha ampliación cara o exterior, movendo unha parede. Dende a consellería aseguraron posteriormente que cooperarán co concello para incluila nas actuacións, malia a súa complexidade.

O director do colexio tamén exteriorizou a súa inquietude polo cumprimento dos prazos estipulados para a obra, que deberá estar rematada antes do comezo do período lectivo, en setembro.

También te puede interesar