O representante de Melillas-A Coroa, elixido vogal das pequenas bodegas

11 julio, 2017
O representante de Melillas-A Coroa, elixido vogal das pequenas bodegas
Publicidad

Tal e como fixa o regulamento das denominacións xeográficas, esta tarde a Xunta Electoral dirimiu mediante un sorteo o empate no censo correspondente ao sector industrial (pequenas bodegas) de Valdeorras. Foi o representante de Melillas-A Coroa quen gañou o sorteo e, polo tanto, será o vogal das pequenas bodegas no Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Cómpre lembrar que o empate se produciu o pasado domingo cando a Asociación Agraria de Galicia, encabezada por Bodega Roandi, conseguiu 14 votos e a candidatura de Melillas-A Coroa, que situaba en primeiro lugar a Adega Melillas e Fillos S.L., acadou tamén 14 votos.

También te puede interesar