“RECUPERART”: unha exposición de arte con materiais recuperados en Trives

2 agosto, 2019 ACTUALIDAD , TRIVES
“RECUPERART”: unha exposición de arte con materiais recuperados en Trives

A obra de Joaquim Riera estará exposta no edificio Santa Leonor ata o 18 de agosto

A exposición “RECUPERART”, do pintor Joaquim Riera, abre as súas portas este venres no edificio Santa Leonor da Pobra de Trives. A inauguración, así e todo, será o vindeiro xoves 8 de agosto. Nela o autor afondará en diversos aspectos da súa obra, aberta ó público ata o domingo 18.


Publicidad

“RECUPERART” recolle 20 cadros e 20 esculturas do artista catalán. Nas obras empréganse materiais variados como cartón, caixas de ovos, latas, circuítos impresos ou palets. Nas esculturas bota man, sobre todo, de madeiras recuperadas da propia natureza nas que ensambla ferros.

Riera leva explorando dende o verán de 2012 a recuperación de materiais con fins artísticos, malia que o seu principal oficio é o de deseñador gráfico. Dende fai máis de corenta anos veranea en Manzaneda, circunstancia da que nace a idea de expoñer na Pobra de Trives.

Esta actividade está encadrada dentro do programa de verán do Concello da Pobra de Trives, que conta con máis exposicións e actividades.

También te puede interesar