Raquel Méndez: «Queremos que a xente queira vivir en Rubiá»

17 marzo, 2019
Raquel Méndez: «Queremos que a xente queira vivir en Rubiá»

A candidata socialista á alcaldía de Rubiá regresa á primeira liña política co reto de solventar o problema de despoboamento que sufre o municipio valdeorrés

«Gustaríame que a xente chegase a Rubiá e dixera ‘qué bonito está o pobo’, ‘qué cambio ten Rubiá’, porque o que me din é que Rubiá leva 50 anos así, abandonado, triste». Así de sincera se mostra Raquel Méndez cando lle preguntamos por aquelo que lle gustaría para o seu pobo, de resultar elexida alcaldesa nas vindeiras eleccións municipais.

Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra visto desde Vila

O pasado 4 marzo, o partido socialista ourensán daba a coñecer a candidatura de Méndez, quen regresa desta forma á primeira liña política tras non presentarse fai catro anos pero sí encabezar a lista fai dúas lexislaturas. E tras doce anos en política. «Tempo en segunda liña no que aprendimos un pouco máis», conta.

Avenida de Villafranca a rúa principal de Rubiá

A decisión veu «por contar agora con máis tempo para adicar ao cargo», recoñecendo que «a política engancha» pola oportunidade que ofrece de «axudar ao pobo e facer cousas polos veciños». Así, avoga pola mellora das políticas sociais, e denuncia a falta de asistencia proporcionada polos servicios sociais do Concello «tanto a anciáns coma a xóvenes dependentes que necesitan un seguimento que non se lles proporciona», asegura a candidata.

Vista panorámica do concello de Rubiá

Pero a gran preocupación de Méndez é o despoboamento do municipio, «problema que debe afrontarse coa xeración de emprego aproveitando os recursos da zona e principalmente, explotando a riqueza do parque natural da Serra da Enciña da Lastra», asevera. Conseguir que a xente queira residir en Rubiá pasa ademais por levar a término o plan de urbanismo «que o Concello leva doce años tentando aprobar, os mesmos que leva moita xente esperando para facer as súas casas e quedarse a vivir».

Raquel Méndez durante unha charla sobre porco celta no multiusos do Barco

Se desexas escoitar a entrevista completa a Raquel Méndez, pódelo facer na seguinte ligazón:

También te puede interesar