«Proxecto Noé», a posta en escena do cambio climático a través de tres pingüíns

8 febrero, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
«Proxecto Noé», a posta en escena do cambio climático a través de tres pingüíns

Sarabela teatro trae ó TLO esta tarde, ás 20:00 horas, «Proxecto Noé». Un espectáculo para público familiar.”. dirixido por Fina Calleja e interpretado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo. No TLO o venres 8 de febreiro ás 20h.

A obra está protagonizada por tres pingüíns que, ante o diluvio universal, só dispoñen de dous único boletos para a arca de Noé. Estes pingüíns viven nunha plataforma de xeo, e o que realmente pode con eles é o aburrimento. Dous son animados e buscan en que entreterse e o pequeno sempre anda en problemas y o maior deles é que non recibe o boleto de embarque, por estar facendo o parvo.

Trátase dunha historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente na que se tocan cuestións como o valor da amizade e da conservación do planeta, que é coma unha gran arca que todos debemos de coidar; da convivencia, respectándose os uns aos outros e vivindo en paz; ou do pensamento crítico.


Publicidad

Está mañá Fina Calleja atendía a chamada de Radio Valdeorras Onda Cero e explicába o mito ao redor da arca de Noé y a necesidade de salvarse. Nela segundo aseguraba a directora, preténdese prantexar tamén a gran cuestión como é o cambio climático. «Esta proposta está conectada co cambio climático, esta arca realmente é o aparello rescatador con animais e este Noé son os novos observadores especialistas na evacuación».

Si queres escoitar a gravación completa da entrevista que Raquel Cruz mantivo con Fina Calleja no espazo Valdeorras en la Onda de Radio Valdeorras preme no audio.

A representación forma parte da programación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense.

También te puede interesar