Protección Civil axudou a que a feira da Rúa fose máis segura

7 julio, 2020

Segundo mes que a feira do Día 7 da Rúa se celebra con medidas de seguridade excepcionais por mor da Covid

Protección Civil estivo por segundo mes consecutivo na feira do Día 7 na Rúa informando sobre as normas a seguir e vixiando que se cumpriran.

Coma no pasado mes de xuño a Feira do Día 7 rexeuse por normas excepcionais para que tanto visitantes coma feirantes estivesen protexidos ao máximo.

A entrada pola rúa Telesforo Ojea —fronte o Concello— e a saída pola rúa Padre Feijóo marcaban un percorrido no que este mes ademais de postos de alimentación houbo roupa e obxectos diversos, sen esquecer os pulpeiros que son os reis de calquera feira que se prece. Carteis informativos, marcarillas e xel hidroalcoolico ao comezo da rúa e moita información o longo do percorrido aseguraban a correcta maneira de estar seguros. Ao remate unhas talladas de pulpo entre todos os voluntarios.

Publicidad

Os membros de Protección Civil da Rúa informaron aos asistentes das medidas a gardar coma a distancia de seguridade, que non se podía volver para atrás ou do uso da mascarilla. Tamén estiveron atentos a que todo descorrese como estaba previsto.

Non foi este no único lugar que estes voluntarios se deixaron ver na mañá do día 7 de xullo. No IES Cosme López Rodríguez da Rúa, onde se realizaron as probas da ABAU tamén estiveron axudando para que os rapaces que participaron na proba mantivesen as distancias e soubesen a que aula tiñan que acudir.

Ademais destas labores, os membros de Protección Civil da Rúa, tamén se ocupan de eliminar os niños de vespas velutinas. O pasado sábado acudiron ó lugar de O Pacio en Vilela ( A Rúa), ben entrada a noite, iso si, para eliminar un destes niños. A noite e a mellor hora para desfacerse destes insectos himenópteros xa que é cando están todas no niño. Un feito curioso é que utilizan unha luz vermella debido a que as avespas non captan esta cor. Xa van máis de catro intervencións deste tipo os que leva feito este voluntariado na mesma zona da Rúa en menos dun mes.

Protección Civil un voluntariado moi activo e entregado.

También te puede interesar