O Plan Hurbe permitirá mellorar e crear novas infraestructuras en Vilariño de Conso

22 febrero, 2019 ACTUALIDAD , VILARIÑO
O Plan Hurbe permitirá mellorar e crear novas infraestructuras en Vilariño de Conso

O pobo de Castiñeira beneficiarase dos 67.000 euros de investimento de Medio Rural

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co concello de Vilariño de Conso na execución de varias actuacións de humanización de rúas e espazos públicos no marco do chamado Plan Hurbe. Así comprometeuno a titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, coa sinatura do convenio de colaboración coa rexedora deste municipio, Melisa Macía Domínguez, en virtude do cal a Xunta investirá en total 67.069,04 euros –o 70% do custo total das obras- mentres que o 30% restante correrá a cargo do concello.

O proxecto ten por obxectivo habilitar unha pequena praza pavimentada, próxima á estrada que serve de acceso principal a Castiñeira, un pequeno núcleo de poboación que necesita dun espazo público para mellorar a calidade de vida e propiciar un lugar de encontro para os seus veciños. Esta nova praza unirase ao vieiro de entrada aplicando un mesmo tratamento de pavimentación a base de formigón impreso, de tal xeito que se cree un único espazo diáfano para uso e desfrute público e coas condicións necesarias para poder celebrar festas populares.


Publicidad

Así mesmo, tal e como se recolle na memoria da actuación, grazas a esta intervención na zona de Castiñeira favorecerase a circulación rodada dentro da localidade ao habilitar un novo espazo máis amplo e sen obstáculos para que os camións de abastecemento, os do servizo de recollida do lixo ou mesmo os autobuses de transporte colectivo poidan manobrar con facilidade e comodidade. En total, o custo estimado desta actuación ascende a 95.812,91 euros, e segundo figura no convenio, a Consellería de Medio Ambiente aportará 67.069,04 euros e o Concello de Vilariño de Conso os 28.743,87 euros restantes.

Unha vez contratadas todas as obras, o prazo de execución previsto é de tres meses. O obxectivo é que as obras estean rematadas e xa en servizo antes do próximo verán.



A actuación comprometida, enmárcase dentro dos obxectivos do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo proxectos e obras que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público e común. No período 2010-2018 permitiulle á Xunta colaborar con 125 concellos galegos na execución dun total de 200 proxectos.

También te puede interesar