Pío: «Xente de todos os nivéis pode participar no II Aberto Internacional de Xadrez»

21 julio, 2018 + DEPORTE , A RÚA , ACTUALIDAD
Pío: «Xente de todos os nivéis pode participar no II Aberto Internacional de Xadrez»

O vindeiro sábado día 28 de xullo, vaise celebrar na Rúa o II Aberto Internacional de Xadrez a partires das 16:30 horas, organiado polo Club Xadrez Valdeorras. Este clube, de recente creación, a comezos de 2018 comezaba a funcionar como clube, ten a súa sede no local municipal situado encima do Centro Cultural Avenida. Un dos seus fundadores, Marcos Fernández, Pío, conta que «os comezos os fixemos pertencendo ao Club ADAS Proinor, eles axudáronnos moito porque non sabiamos cómo era o funcionamento dun clube deste tipo».

Nestes momentos disfrutan da pertenza á segunda división, «sempre con opcións de entrar na primeira», explicou Pío. O seu obxectivo coma clube é «difundir de novo ó xadrez na comarca» e para iso é necesario que «os máis pequenos queran aprender cómo se xoga». Conta Pío que nos anos 80, principios dos 90, «foi unha moda» que pouco a pouco perdeu importancia e adeptos. Este clube está intentando recuperar  a época de apogeo deste deporte.

O II Aberto Internacional celebrarase na Rúa ao aire libre. Para participar, cuenta Pío, «no hace falta estar federado ni tener un nivel espectacular, porque compite xente de todos os niveis; todo o mundo que queira pode participar».

Imagen: Marcos Fernández, Pío, en segundo lugar pola esquerda, nunha foto de arquivo.

Se queres escoitar a entrevista completa, dalle click ao segunte enlace de sonido:

También te puede interesar