Petín tamén se subiu ó tren da pegada de carteis

12 mayo, 2019 ACTUALIDAD , BREVES , PETÍN
Petín tamén se subiu ó tren da pegada de carteis

Dous días despois do arranque da campaña e 48 horas máis tarde da pegada oficial de carteis, en Petín xa se poden ver os do PSdeG-PSOE.

«O día oficial da pegada non puidemos, e o seguinte sucedeu o de Rubalcaba co que se suspenderon os actos de campaña. Como non quixemos deixar de facer a pegada aquí estamos», explicaba Raquel María Bautista Carballo, quen encabeza de lista do PSdeG- PSOE por Petín.

Ricardo, Teresa, Raquel y Fernando pegando los primeros carteles

Raquel María Bautista e outros membros da súa lista como Ricardo Dobao, Fernando Principal e Teresa Valcarce —con traxe de faralaes despois de vir da Feira de Abril—, puxéronse  a tarefa de colocar os carteis.


Publicidad

A pesar de que xa pasaron dous días da pegada oficial, en Petín son os primeiros carteis que se colocan. Recordamos que ás Eleccións Municipais do 26 de maio, en Petín,  só concorren dúas forzas políticas PSdeG-PSOE e Partido Popular.

También te puede interesar