Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais

17 enero, 2020 ACTUALIDAD , PETÍN
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais
Petín celebrou a festa do San Antón, padrón dos animais

Misa solemne e discoteca móbil para celebrar a festa do santo protector dos animais

A festa na honra de San Antón en Petín comezou cunha procesión desde a igrexa até a praza Doutor José Quiroga Suárez na que o santo estivo acompañado polo son das gaitas e o rezo dos parroquiáns. Desde a praza retorno ó templo onde se celebrou a misa cantada polo coro.

Xa pola tarde, festa no Teleclub a partir das sete da tarde coa disco-móbil Danzalia que rematará ás once da noite.

Saída do santo pola rúa da igrexa cara a praza
San Antón, a festa dos «quintos»

San Antón era e é a primeira festa do ano, antes facíana os «quintos» —mozos que nese ano tiñan que cumprir co servizo militar obrigatorio—. O que recadaban pedindo polas casas do municipio destinábase, unha parte a pagarlle ós músicos e, o que sobraba repartíase entre os mozos para que puideran sufragar os gastos os primeiros meses da «mili». En decembro de 2001 suspendeuse este sistema vixente durante 200 anos que recrutaba ós mozos que nese ano cumprían a maioría de idade —.

Rapada de pelo, vestir de uniforme, estar á hora na comandancia, gardas; o que para uns era un cambio de vida e ver mundo —sobre todo nos anos 40 e 50— para outros era un aloxamento da familia, perder o traballo ou deixar os estudos, aínda que neste caso había as chamadas milicias e as famosas «prórrogas».

A finais de 2001 os soldados cos que contaban as Forzas Armadas procedían nun 40% doi recrutamento obrigatorio, desde aquela o exército pasou a ser plenamente profesionais.

O patrón dos animais

San Antonio abade foi un monxe  cristián nado nunha familia adiñeirada que viviu no século III en Exipto. Con vinte anos retirouse o deserto onde segundo os escritos descubriu a sabedoría observando e querendo os animais. A lenda conta que se atopou cunha xabalina ca que lle curou a cegueira dos seus xabatos. Agradecida xa nunca máis se separou del, por iso se representa ó santo cun porco os seus pes.


Publicidad

En Petín, en tempos pasados levábase a auga que bendicía o cura para salpicar con elas o gando que se tiñan nas casas, para que non collera males. Tamén se subía até ó Sobredo e bendicíanse os campos. Eran tempos nos que os habitantes do municipio vivían do campo e do gando. Hoxe apenas medio cento de persoas acoden á homilía e acompañan ó santo na procesión.

Día de reunirse en torno a un bo cocido

Á saída da misa, as familias reuníanse ao redor da mesa na que se servía un bo cocido. Cachucha, morro, pata, rabo, orella, soá, pita e chourizos na parte da carne. Repolo con patacas na parte verde. As charouvías e cenorias acompañaban ós garavanzos que lle daban un sabor inesquecible á sopa de fideos coa que remataba o xantar, porque esta, polo menos na miña casa, comíase o final.

De sobremesa ucheira, doce típico da panadería Querol de Petín feito con masa a que, se non me equivoco, botábaselle azucre e ovo. Tamén se podía comer o roscón feito pola Carmen ou un flan de ovo ou un brazo de xitano feito pola avoa.

Abade ou de Padua

Os Antóns e Antonias teñen, polo menos, dúas datas para celebrar a súa honomástica segundo o fagán nunha ou noutra —17 de xaneiro ou 13 de xuño— defenderán a súa elección. Así que os que son de celebrar o San Antón Abade dicen de cotío o seguinte refrán, «San Antón verdadeiro 17 de xaneiro o 13 de San Xoán San Antonio mentirán».

Os gaiteiros pechando a procesión de volta á igrexa

Na comarca celébrase San Antonio Abade, entre outros lugares, en Patín e Coedo. San Antonio de Padua polo contrario faise en Fontei (A Rúa) e Santurxo (Millarouso).

Fotos cedidas por José Abuin

También te puede interesar