Petín celebra a XX Festa da Freba cun xantar

14 noviembre, 2019
Petín celebra a XX Festa da Freba cun xantar

Na vixésima edición volverá a facerse un xantar que comezará as 14:30 horas no teleclub de Petín

A Festa da freba abre, un ano máis e xa son vinte, o calendario gastronómico de outono na comarca. Celebrarase o 6 de decembro en horario de mañá, ás 14:30 horas. O menú estará composto por: chourizos cocidos con cachelos, frebas á brasa, postre, café e licores. As entradas poranse a venda o vindeiro 25 de novembro nas oficinas do Concello de Petín e o prezo é de 15 euros.


Publicidad

Vinte anos de celebración dan para moito, para cambiar o menú, o agasallo e incluso á hora da festa. Este ano ca celebración da vixésima edición da Festa da Freba quérese volver a ter á comida ó mediodía e devolverlle a familiaridade coa que fora concibida. «A festa quería ser a reunión de familias en torno a unha mesa, e nada mellor que unha freba para recordar os tempos en que as familias se reunían nas “matanzas”», sinalan desde a organización. «A noite está ben para os máis novos e a xente que ben de fora, con este cambio de horario queremos que os que non son tan mozos desfruten tamén», engaden.

Xa pasaron vinte anos

A Festa da Freba nacía o 9 de decembro do ano 2000 e contou con 800 comensais. Nesta primeira edición os artistas locais Torino, Lirio, Amancio Díaz e Lito amosaron as súas obras  de talla en madeira, forxa, pintura e fotografía no teleclub. Houbo unha cata de viños tradicionais e até o afamado debuxante José Luís González, O Carrabouxo, deu unha charla.

O menú non se diferenciou moito do da presente edición. Daquela coméronse chourizos cocidos en viño, empanada de costillas, por suposto frebas asadas á brasa e de postre Ucheira, un doce típico da panadería Querol de Petín. Polo módico prezo de 500 pesetas (3 €) ademais de xantar como un «Pepe» a organización agasallou ós asistentes cunha cunca de barro e unha navalla, imprescindible para cortar a freba que se poñía enriba do pan. Logo do xantar baile até ben entrada a noite coa actuación da orquestra Detroit.

Guzmán, Tasar, Nacho, Moncho, Mundo e Sixto atendendo ás frebas no 2014

A medida que foron pasando os anos foise cambiando o menú, introducíronse os callos, a empanada pasou de ser de costrelas a ser de bonito, a Ucheira por bica e até se cambiou o xantar pola cea. O que sempre haberá e freba, licor café e a hospitalidade dun pobo, Petín.

También te puede interesar