Pequenas Coleccións abre as súas portas en Petín

2 enero, 2017
Pequenas Coleccións abre as súas portas en Petín
Publicidad

No número 3 da rúa da Ponte, onde se atopaba a fonte de Petín e mais tarde a praza de abastos, David López Nogueira inaugura hoxe, 2 de xaneiro, unha exposición de “Pequenas Coleccións”. Estará aberta do 2 ao 8 de xaneiro en horario de 12 a 13 horas e de 20 a 21 horas.

David Nogueira amosando un coche de bombeiros da colacción

David Nogueira amosando un coche de bombeiros da colacción

Nesta exposición poderemos atopar unha ampla colección de cervexas de todo o mundo, incluída a famosa Duff dos Sipsom. Tamén insignias, periódicos antigos, selos, moedas, entradas de fútbol, cómics como os do Llanero Solitario, albumes de Marcelino Pan e Viño, Bonanza ou a Cincenta. Libros que había nas escolas de principios de 1900, como a Enciclopedia ou Nosotros, tamén xoguetes de lata con corda.

Pero sen dúbida o que mais estima David e a colección de réplicas de automóbiles de bombeiros feitos a escala e, a herdada do seu avó, cromos de persoeiros da vida política e social da Habana que lle daban por cada caixa de puros habanos  que mercaba, “mira cantos puros non tivo que fumar para coleccionar todo isto”, fai constar David. O avó de David, Ricardo Nogueira,  emigrou a Cuba e del, tamén hai nesta exposición ilustracións do 1875 cas que este facía mobles desmontables de castaño. As ilustracións eran pasadas a debuxos e despois talladas en madeira.

As coleccións da mostra están a venda, aínda que como sinala David, “todo ten prezo pero, para min por moito ca venda sempre será barata, xa que ten mais sentimento que outra cousa”. “Vendín, hai un ano , unha de pegatinas de políticos que expuxen xa no 1985,  porque o home encaprichouse e ademais  agora os partidos políticos xa non as dan”.

Tocadiscos e discos da colección de David

Tocadiscos e discos da colección de David

David López, moi coñecido na comarca pola profesión de carteiro,  realiza esta exposición trala  súa xubilación o pasado 31 de decembro. Tamén destacar que foi o fundador de Protección Civil da Rúa na que segue a día de hoxe pero so como un membro mais e árbitro de fútbol sala.

También te puede interesar