Penouta e a capela do San Benito

13 enero, 2019 ACTUALIDAD , BREVES , VILAMARTÍN
Penouta e a capela do San Benito

Na imaxe ca que vos damos hoxe os bos días é capela de Penota ou a do San Benito, venerado polos habitantes de Valdeorras por ser avogado das doenzas da pel: verrugas,  quistes, eccemas, bultos, etc. Todos os que tiñan algún mal desde tipo acudían o 21 de marzo que logo pasou o Domingo de Resurrección y luns de Pascua a misa do santo. Os romeiros leváballe os produtos da matanza que se subastaban despois das numerosas misas que antano se oficiaban.

Situada no pobo de Penouta, en Vilamartín de Valdeorras, a veira esquerda do río Sil ao seu paso por Vilamartín. O outro lado do embalse de Santiago en Valencia do Sil si se mira desde O Bañadoiro —zona recreativa da capilalidade do municipio—. Pódese chegar cruzando a pasarela peonil sobre o Sil ou ir por Valencia do Sil ou Arnado.

A capela é de planta rectangular, con muros de cantería irregular na fachada principal e mampostería de esquisto nos laterais. A porta de acceso está conformada por un arco de medio punto e duas fiestras a cada lado. Espadana de dos ocos, que acollen as campás, rematada en frontón triangular con un oco. Na fronte, ocupando todo o ancho da estrada que une as parroquias de Valencia do Sil e Arnado, presenta una estrutura de madeira apoiada na fachada con dúas columnas de formigón que soportan a cuberta de lousa.

O 19 de abril de 2014 un incendio calcinou a capela e tamén a talla do santo, pero volveuse a reconstruir.

También te puede interesar