Pedro García: «El día y la noche, un andaluz aquí flipa»

17 noviembre, 2019 ACTUALIDAD , O BOLO , VÍDEO
Pedro García: «El día y la noche, un andaluz aquí flipa»

As Xentes de Valdeorras achégouse até o Bolo para falar cun xienense que leva 21 anos en Galicia

Cristian López de Mendello TV este mes achegouse até As Ermitas para falar cun xienense, Pedro García, que leva ao redor de 20 anos vivindo nas Terras do Bolo. As Xentes de Valdeorras vai polo seu segundo mes de emisión en Radio Valdeorras. O anterior programa levouno até un madrileño que vive en Mones e este a un andaluz que vive en Celavente.

A falta de traballo na súa terra trouxo a Pedro García até Santiago para probar sorte na Xunta de Galicia e alí quedou. Facendo inventarios forestais para o ente autonómico coñeceu esta zona, namorouse dela e desde entón aquí sigue.

Ten unha finca cunhas vistas privilexiadas ó santuario das Ermitas pero vive en Celavente. Comprou primeiro a finca e logo a casa, asegura. O primeiro , cando vivía en Santiago costoulle bastante adaptarse á chuvia pero di que en Valdeorras «llueve lo que tiene que llover» . Os contrastes entre Andalucía e Galicia son evidentes e para Pedro son: «El día y la noche, un andaluz aquí flipa».

A tranquilidade, a natureza e respirar aire puro como o das Ermitas,e un plus para este xienense. Cree que tivo moita sorte  en dar cun sitio como no que, «como aquí en poucos sitios se está», recalca. Non quere nin oír falar de volver para Linares, deixa claro que é un dos municipios con máis paro de España e que: «lo único que me une de por allí abajo es mi familia», á que visita case todos os anos polo Nadal.


Publicidad

O que máis le costou foi entender a retranca e a diferencia nas expresións e na forma de falar dos de aquí. Tamén a maneira de entender o que el di, xa que algunhas veces interpretan todo o contrario do que quere dicir. «Ni que si, ni que no. Ni «palante», ni «patrás», así de gráfico o explica.

Pensa que hai posibilidades para a xente nova  nesta terra pero tamén cree que hai que traballar duro. Para montar un negocio hai que ser imaxinativo en lugares pequenos como este. «Los padres deberían transmitir el apego y el amor a la tierra a los niños desde pequeños», subliña.

Pedro García, de Linares ó Bolo pasando por Santiago.

También te puede interesar