Papá Noel chegou a Cógomo un pouco antes do previsto

7 diciembre, 2019 ACTUALIDAD , VÍDEO , VILAMARTÍN

Os nenos adornaron a árbore de Nadal e puxeron luces de cores na casa do pobo

Os nenos e nenas que se atopaban poñendo os adornos na arbore de Nadal da Casa do Pobo en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) recibiron a visita de Papá Noel. Todo era un run-run entre a máis dunha ducia de nenos que, as seis da tarde, se atopaban na praza da Casa do Pobo de Córgomo colocando os adornos navideños. De súpeto o home bonachón de barba branca e gafas, apareceu no fondo da praza nun automóvil de época descapotado e máis vermello ca súa chaqueta. Gritos e aplausos e o espumillón e as bolas de cores brilantes quedaron no chan para ver como baixaba do bonito coche.

Publicidad

Os máis pequenos con un pouquichiño de medo, porque isas barbas brancas asustan un pouco, e os máis maiores desconfiando. Alá se baixou Papá Noel para recoller as cartas dos nenos e nenas que alí se atopaban e para ouvir da súa propia voz o que pedían. Un pediulle un casco, iso si recoñecendo que fora moi boíño ante a insistente pregunta de Papá Noel, de «que tal te portache este ano». Unha nena pediulle unha boneca de Frozen e unha non tan nena un noivo, deixando ben claro que non o quería calvo.

E despois de coller os caramelos que Papa Noel lle tirou os nenos, un chocolate ben quentiño feito por unha das mulleres da Asociación de Amas de Casa de Córgomo, que foron as que organizaron a quedada para poñer os adornos navideños. E, non sei si tamén terían algo que ver con que Papá Noel adiantase tanto a viaxe desde as terras de Laponia. Elas dixeron que non pero da que desconfiar.

Vídeo da chegada de Papá Noel a Córgomo:

También te puede interesar