Os Sequeiros é a primeira das rutas de sendeirismo familiar en Trives

16 julio, 2019
Os Sequeiros é a primeira das rutas de sendeirismo familiar en Trives
Publicidad

Comezan mañá e son unha das múltiples actividades que teñen preparadas desde o Concello da Pobra de Trives para este verán

Este mércores  terá lugar a primeira ruta de sendeirismo familiar. Levará aos participantes desde Pena Folenche aos Sequeiros. Esta camiñada transcorre entre verdes castaños en flor, cuxo arrecendo perfumará todo o traxecto.

O roteiro amosará aos máis pequenos —para iso é unha actividade en familia— a importancia da castaña e as labores derivadas da súa colleita. A tradición do secado e sobre todo, o  conxunto destas singulares construcións —Sequeiros— que noutra hora tanta riqueza supuxeron.

Paseo entre castañeiros antes de chegar aos Sequeiros

Tamén se poderá contemplar as fermosas fragas dos ríos Navea e Bibei, onde a impresionante visión de carballos e castiñeiros danlle un valor engadido ao percorrido.

«Son unha rutas de dificultade baixa enfocadas en dar a coñecer a nosa montaña e as nosas paisaxes, a través de rutas sinxelas intentando chegar a todos os públicos», aseguran desde o Concello.


Publicidad

«O roteiro do mércores 17 de xullo levaranos ata Os Sequeiros, en pleno contacto coa natureza, mergullándonos  na maxia dos seus bosques e desfrutando da paisaxe do Val do Navea  —primeira paisaxe protexida de Galicia—. Coñeceremos cal era a función dun sequeiro e de volta ao pobo da Pena Folenche, subiremos ata o mirador desde onde podemos ver as montañas que nos rodean», precisan.

A saída será desde a praza do Concello ás 9:00 horas. O traslado até o pobo de Pena Folenche —inicio da ruta— farase en vehículos particulares. Está previsto o comezo da actividade ás 9:20 horas.


Publicidad

También te puede interesar