Os participantes no taller pola igualdade de Rubiá recibiron bolsas cos seus deseños

10 septiembre, 2020
Os participantes no taller pola igualdade de Rubiá recibiron bolsas cos seus deseños
Publicidad

Os pequenos recibiron os deseños impresos en bolsas a través da súa monitora Eva Piay

Os pequenos que participaron no taller de pintura mural pola igualdade de xénero que tivo lugar no concello de Rubiá durante 3 semanas no mes de agosto, recibiron un agasallo moi especial.

A monitora Eva Piay foi a encargada de entregarlle aos 10 nenos e nenas participantes no mesmo as bolsas elaboradas con cargo ao Pacto de estado contra a Violencia de Xénero- co debuxo que foi deseñado por eles mesmos.

En total quedaron 200 bolsas que serán repartidas o vindeiro 25 de novembro día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Publicidad

Os cativos realizaron murais na Casa da Cultura da localidade, tanto no interior como no exterior pero sempre dentro do recinto, así mesmo tamén realizaron un obradoiro de chapas, tamén ca igualdade de xénero como tema principal da actividade malia que os pequenos fixeron deseños propios dos elementos.

Estes eventos estiveron organizados pola concellería de Servizos Sociais do Concello de Rubiá.

Fotos cedidas.

También te puede interesar