Os parques infantís amplían a súa capacidade en Galicia

29 junio, 2020
Os parques infantís amplían a súa capacidade en Galicia

Tras dúas semanas dentro da nova normalidade en Galicia, auméntanse os espazos lúdicos, así mesmo esta semana abren os locais de ocio nocturno

Fai 2 semanas Galicia entrou na nova normalidade, se ben é certo que decidíuse ir pouco a pouco ampliando a capacidade dos espacios tanto ao aire libre como pechados, ademáis estableceuse un protocolo para a celebración de verbenas ao aire libre, na maioría de espazos abertos prima a regra do 3, que son os metros cadrados que deberán haber entre persoas.

Respecto a os parques infantís, estos aumentan o seu aforo, de unha persoa por cada 4 metros cadrados agora pásase a 3, esta medida aplicaráse tamén parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares.

Ocio nocturno

Este 1 de xullo abriránse os locais de ocio nocturno con establecemento de novas medidas de prevención para o desenvolvemento da actividade nestes locais.

As discotecas e demais establecementos de lecer nocturno poderán levar a cabo a súa actividade sen superar os dos terzos da súa capacidade. Entenderanse por establecementos de ocio nocturno, as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores.

Así mesmo o consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes situados na barra, entre as mesas, ou agrupacións de mesas.

No caso de existir zona de baile, permitirase o seu uso cunha ocupación que en ningún caso será superior á que resulte da asignación de tres metros cadrados da pista por cada usuario. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal e evitar aglomeracións tanto no interior do establecemento como no seu exterior e nas súas entradas e saídas.

Rexistro de clientes

Co fin de posibilitar o seguimento de posibles contactos nos casos de descubrimento posterior de presenza no local de casos de COVID-19, os establecementos deberán levar un rexistro para permitirlles aos clientes achegar, en todo caso voluntariamente, un número de teléfono para facilitar a súa localización polas autoridades sanitarias, nas condicións que
se precisen no protocolo que aprobe a Administración autonómica sobre lecer nocturno e cumprindo en todo caso as exixencias derivadas da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal, estes rexistro deberáse conservar durante 28 días.

Orquestras, coros e verbenas

Tamén volven as orquestras, por elo establécense medidas de prevención específicas para os casos de coros e agrupacións vocais e orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, así como na actividade formativa en conservatorios, escolas de música e danza.

Respecto as verbenas a utilización do exterior dos edificios ou da vía pública para a celebración de actos con acompañamento de público deberá desenvolverse nas condicións que determine a autoridade municipal correspondente, á cal lle corresponde a súa autorización.

Nestes casos, con carácter previo á celebración, delimitarase o espazo ou itinerario e a asistencia de público estará limitada a un máximo de 1.000 persoas, ata os 8.000 metros cadrados, 2.000 se a superficie é maior. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes entre si e co público asistente e o uso de máscara será obrigatorio para os participantes e para o público asistente.

Durante a actuación e os ensaios de orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, as persoas integrantes deberán manter a distancia de seguridade e, se iso non é posible, reducirase o número de compoñentes de xeito que se cumpra coa dita distancia.

Atraccións de feira

Nos recintos en que se desenvolvan atraccións de feira deberá respectarse unha capacidade máxima dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil do recinto, ata un máximo de 700 persoas para os espazos cunha superficie útil menor ou igual a 8.000 metros cadrados. No caso de que a superficie do recinto sexa superior aos 8.000 metros cadrados, o límite máximo será de 2.000 persoas, sempre que se manteña a capacidade dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie. Para o cálculo da
superficie útil do recinto non se terá en conta a superficie ocupada por todas as estruturas instaladas.

Hostelería e restauración

Amplíase a capacidade máxima na modalidade de aloxamento turístico de albergue ao setenta e cinco por cento da súa capacidade máxima permitida.

Mantense a prohibición do uso compartido de dispositivos de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas ou asimilados en todos os locais de entretemento, lecer, hostalaría e restauración, e en calquera outro tipo de establecemento aberto ao público.

As terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade, para consumo sentado en mesa, ata o setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Deporte

A celebración das competicións deportivas federadas e dos eventos deportivos en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública, tales como atletismo, ciclismo, rallyes automobilísticos, remo e similares, deberá ser aprobada pola autoridade municipal correspondente, ou, se transcorresen por máis dun termo municipal, pola autoridade autonómica competente.

Nestes casos, con carácter previo á celebración, delimitarase o espazo ou itinerario e a asistencia de público estará limitada a un máximo de 1.000 persoas. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes e o público asistente e o uso de máscara será obrigatorio para todo o público asistente.

Transporte

Flexibilízase a normativa respecto a os transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor. Nestes poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo; ocuparanse en último lugar as prazas da fila do condutor.

Publicidad

Praias

Os concellos poderán establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios.

Para iso poderán tamén establecer límites nos tempos de permanencia nelas, así como no acceso aos aparcamentos, en prol de facilitar o control da capacidade das praias. Así mesmo, os concellos deberán establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal tamén nas zonas de acceso e saída e para evitar aglomeracións nelas. Para os efectos de calcular a capacidade máxima permitida por cada praia, considerarase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será de aproximadamente tres metros cadrados.

También te puede interesar