Xogos e debuxos para desmontar estereotipos en Petín

19 septiembre, 2020

Publicidad

A través de dinámicas con xoguetes, debuxos e contacontos fomentouse a igualdade dentro do programa de sensibilización “Coeducando creando”

Na Casa da Cultura de Petín, leváronse a cabo actividades lúdicas para fomentar a igualdade. Xisela Pastoriza, da empresa Red Talento Consultoras, foi a encargada de desmontar os estereotipos entre a ducia de nenas e nenos, de infantil e primaria, que asistiron esta actividade do programa “Coeducando creando”.

Tratouse, a través de dinámicas con xoguetes, con canicas, contacontos ou debuxos que os asistentes aprenderan xogando a desmontar os estereotipos. «Hai que incidir nos nenos e nas nenas —sobre todo nos máis pequeniños— porque inda que parece que non, xa teñen configurados certos estereotipos de xénero», subliñou Xisela. «Que saiban que os xoguetes non teñen xénero se non que somos nos, a sociedade,  a que lles da un estereotipo. Que as Barbies son para as nenas e os coches para os nenos non é máis que unha construción social nosa, e eles danse conta que os xoguetes son iguales para todos», engadiu.

Publicidad

A dinámica de Lolo e Lola foi a primeira das actividades. Os nenos e nenas tiveron que pintar estes dous personaxes e como di Pastoriza, «sempre pintan a Lola co pelo longo e falda e a Lolo co pelo curto e pantalón».

As canicas usáronse para ver a corresponsabilidade das tarefas do fogar no xénero. As nais sempre teñen máis no bote que os pais. A elección dun xoguete que tiveron que coller de dentro dun saco provocou reaccións de todo tipo, pero polo xeneral os nenos que collía o xoguete de neno e as nenas que collían o de nena estaban máis complacidos.

Un contacontos serveu para que coñeceran na súa linguaxe o que é a violencia de xénero, para que aprenderan a detectar abusos machistas.

Tamén confeccionaron un dicionario de xénero baseado na igualdade, en conceptos que eles entenderan e que poderán aplicar na vida cotiá.

Debuxaron, falaron pero sobre todo desmontaron os estereotipos que sen darse conta xa teñen na cabeza. «Tratase de construír a través de xogos o seu pensamento socialmente adquirido.», asegura Xisela.  «Traballando e incidindo nos temas de igualdade eles reflexionan e logo actúan en consecuencia», argumenta.

Publicidad

Xisela Pastoriza valora moi positivamente a experiencia porque «levan moitas ideas para a casa sobre todo co tema da corresponsabilidade doméstica».  Respecto aos nenos e nenas cree que se foron contentos, «divertíronse moito e pouco a pouco van desaprendedo as cousas que lles impón as sociedade».

Se queres escoitar a conversa con Xisela Pastoriza, fai click na seguinte ligazón:

As persoas asumen determinados papeis, ocupacións, expectativas, comportamentos ou valores polo feito de ser homes ou mulleres.  Todas as persoas deben ter os mesmos dereitos e oportunidades.

También te puede interesar