Audio. Os máis pequenos do Bolo visitan o Concello

26 noviembre, 2017

Publicidad

Un casino, unha piscina ou un grupo de música, son algunas das peticións feitas polos nenos e nenas do CEIP do Bolo ao seu alcalde, Manuel Corzo, na visita conmemorativa do Día Internacional dos Dereitos do Neno, na que fixeron uso do seu dereito a ser escoitados. E que por pedir non quede, porque coma explica o mestre Jorge que os acompañou, “algún creo que pensa que o alcalde é como un rei mago que pode facer maxia”.

Unha biblioteca, unhos quince parques, tantas obras de teatro ou un pobo máis grande, seguían as peticións que paciente escoitaba o alcalde. Os máis concienciados coa realidade,  pedían estradas máis grandes para que non haxa accidentes, ou prevención contra os incendios. Un pabellón enorme con moito material de xogo ou un cine, culminaban a larga lista de desexos que deixaban nun buzón entregado polos mestres ao rexedor.

Manuel Corzo, pola súa banda, esforzábase por demostrar que moitas son as cousas coas que xa contan no pobo, coma “o pabellón, que non lle costou un euro ao concello” e que se construiu “coa condición de que os nenos do colexio puidesen xogar nel”. Finalmente rendíase ao evidente e invitaba aos pequenos a facer sempre unha visita ao alcalde para calquera petición que quixeran facer.

Tamén quixo o alcalde recordar aos nenos a importancia de “estudiar neste colexio que sempre funcionou moi ben” recordando que “unha carreira pódese sacar coma se saca en Madrid, e darlle así esa satisfacción aos pais”. Convidou o rexedor aos nenos que visitaron o concello a “ser traballadores e espabilarvos para ser os máis listos da provincia de Ourense”.

Tamén houbo quen non pediu nada, coma as máis pequenas Lucía, Martina, Ánxela e Érica. O que non sabían, e que lles contou o alcalde, foi que xa recibiron unha axuda tan só por nacer e pertencer ao Bolo.  Coa promesa do concello de ter en conta todas as peticións feitas, os nenos e nenas do CEIP do Bolo voltaban a clase, contentos de ser escoitados.

También te puede interesar