Os Labregos cumpriron 15 anos acompañados por 12 folións dos pobos veciños

24 febrero, 2019 ACTUALIDAD , GALERÍAS , TRIVES
Os Labregos cumpriron 15 anos acompañados por 12 folións dos pobos veciños

Máis de 650 compañeiros de 10 localidades da provincia celebraron o aniversario dos Labregos

 A veciñanza de Trives agardaba con moita expectación, nas rúas da vila, o desfile que Os Labregos prepararan co motivo da celebración do seu cumpreanos.

Os labregos saindo da Finca da Barreira

Os folións saíron da Finca da Barreira, para coller pola rúa San Martín cara a praza do Pilón. Desde a céntrica praza adentáronse polas rúas vellas da Vila para rematar na praza do Reloxo.

Os da Lardeira na praza do Reloxo

A sorpresa veu cando Os Labregos co motivo do seu décimo quinto aniversario agasallaron ó resto dos folións cunha foto nun marco como recordo dos seus 15 anos facendo soar os seus bombos e aparellos.


Publicidad

Ao remate da troula, desde a praza do Reloxo todos os membros dos folións xuntáronse no pavillón para dar boa conta da paparotada que os agardaba.

O pavillón acolleu os máis de 650 participantes no desfile

Participaron nesta xuntanza 13 folións de case que, todos os puntos da provincia. De Trives estiveron: Os Labregos —organizadores do desfile de folións e boteiros—,  Lardeira, Caniceira e As Maceiras. Ademais, tamén se achegaron Arrieros de Petín, Os Viticultores de Vilamartín e a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño. Os folións de Queixa, Manzaneda, A Veiga, Buxán, Fradelo e Carracedo, completaron os 13 folións participantes no desfile do 15 aniversario.

Fotos cedidas

También te puede interesar