Os estudiantes valdeorreses coñecen o proceso de elaboración da lousa

20 noviembre, 2019
Os estudiantes valdeorreses coñecen o proceso de elaboración da lousa
Publicidad

Alumnos de ESO e de Bacharelato da comarca visitarán dende hoxe empresas do sector da pizarra

Un grupo de 20 alumnos de 3º e 4º de ESO do centro C.P.I. Terrón Mendaña de Sobradelo visitaron as instalacións da empresa Pizarras Los Tres Cuñados, en Casaio (Carballeda de Valdeorras). Esta é a primeira dunha serie de visitas que realizarán nos vindeiros meses os estudiantes de secundaria (ESO e Bacharelato) dos institutos da comarca ás instalacións de compañías louseiras.


Publicidad

O obxectivo desta acción é que os rapaces valdeorreses descubran tódolos pasos necesarios no proceso de elaboración da pizarra. Dende que as grandes pezas (rachóns) saen da canteira, ata que os palés saen en camións para ser distribuídos por todo o mundo. Os alumnos poderán ver en persoa cales son os diferentes labores que realizan os profesionais do sector: extracción, serrado, corte, labrado, selección, paletización, loxística, transporte, etc.

Próximas visitas

As visitas continuarán, cando un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato do I.E.S. Cosme López da Rúa visiten unha nave de elaboración no concello de Carballeda de Valdeorras. Nas vindeiras semanas, os estudiantes doutros tres centros da comarca se desplazarán ata diferentes empresas asociadas ao Clúster da Pizarra de Galicia para vivir en persoa a experiencia dun día de traballo nunha louseira.

Esta actividade se adentra dentro dunha serie de iniciativas promovidas polo Clúster para concienciar aos máis novos da importancia que ten o sector para o desenvolvemento da comarca. Entre outras actividades, a semana pasada tamén se puxo en marcha un concurso de debuxo dirixido aos alumnos de ESO de Valdeorras

También te puede interesar