Os concelleiros barquenses fan a súa doazón a prol da Biopsia Líquida

17 marzo, 2017
Os concelleiros barquenses fan a súa doazón a prol da Biopsia Líquida
Publicidad

Fai un días o salón de actos do edificio multiusos do concello de O Barco acollía unha charla sobre a campaña de micromecenazgo realizada co fin de levar a cabo unha investigación sobre a biopsia líquida, tamén coñecida como test de ADN tumoral ou test de biomarcadores, baseada na análise de sangue.

Os concelleiros barquenses, despois de debatelo na Comisión de Asistencia Social e Sanidade do Concello, decidiron, por unanimidade, aportar a esta causa unha cantidade de 30 euros por concelleiro, en referencia ao que se cobra por asistir a unha comisión informativa. A maiores, o concello de O Barco incluíu nos presupostos unha cuantía de 1.000 euros destinados a esta causa que se está a levar a cabo no servizo de oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Dende Riada Cidadá anunciaban que xa realizaron a correspondente doazón de 300 euros, que forman parte dos ingresos que este partido dedica anualmente a proxectos que redunden en beneficio dos veciños. O grupo expuxo tamén unha queixa no referido á actuación do PSOE coa prensa en relación con estas doazóns, xa que consideran que “de seguida comunicaron á prensa a súa aportación sen facer referencia á decisión do resto de grupos municipais, co que se abriu unha dinámica de desconfianza institucional”.

A estas declaracións respondeu o alcalde de O Barco, Alfredo García, alegando que el non dera tal información aos medios e sinalando que “no se abre ninguna brecha de ningún tipo. Lo que no se puede es ver la paja en el ojo ajeno y no ver la biga en el nuestro. Nada más lejos de la realidad intentar en el grupo de gobierno colgarnos una medalla en este tema”.

O proxecto, de orixe galego e promovido polo médico valdeorrés Rafael López, busca reunir a cantidade de 500.000 euros a través desta campaña de micromecenazgo cidadá para continuar abrindo una vía de investigación punteira a nivel mundial, iniciada fai anos arredor da biopsia líquida, un procedemento sinxelo que pode prever o comportamento tumoral e a súa patoloxía, facilitando a adecuación dun tratamento específico para cada tipo de cancro.

 

También te puede interesar