Os centros de ensino da comarca saen ás rúas

16 mayo, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO , O BOLO

En bici, correndo ou bailando, colexios do Barco e O Bolo apúntanse a actividades de exterior sempre por unha moi boa causa

Dentro do programa da Xunta Mobilidade Sostible e Segura, o colexio Divina Pastora de O Barco realizou cos alumnos de cuarto e quinto curso de Primaria, unha ruta en bici pola contorna, e unha «paradiña» no Salgueiral para realizar un circuito de actividades. Para levar a cabo a actividade, contaron coa colaboración de Pablo Diéguez, do Tres Lunas, ao que agradeceron a súa implicación no proxecto.

Dende o centro contan que foi una xornada na que os alumnos disfrutaron moito cas propostas e na que estuveron acompañados por tres profesores do centro, además de pais e nais, aos que sempre se lles invita a participar neste tipo de dinámicas e actividades.

O agradecemento tamén o fan extensible aos GES que estiveron pendentes dos rapaces en todo momento facendo de «coche escoba».

Ciclistas do colexio Divina Pastora polas rúas do Barco.

O CEIP do Bolo celebra o Día da Familia

Na xornada do mércores día 15 de maio, toda a comunidade educativa do CEIP do Bolo reuníase para celebrar o Día Internacional da Familia, que foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993.  O obxectivo principal: aumentar o grao de concienciación con respecto aos temas relacionados coa familia e fomentar os vínculos familiares.

«Con este día temos a oportunidade en todo o mundo de demostrar a nosa solidariedade e reflexionar sobre como mellorar a relación entre tódolos membros da mesma», así o expresaban dende o propio centro educativo.

Este ano o colexio do Bolo quixo colaborar con Níxer poñendo a súa gota e organizando unha carreira solidaria. «Esta unión de todos e a pequena aportación de cada un, axudará a máis de 10.000 nenos e nenas a ter auga, hixiene e saneamento». O centro de ensino fixo entrega «dun agasallo ao comezar a carreira, uns dorsais e unhas pulseiras aportados por UNICEF. Ao rematar fixemos entrega de medallas e diplomas a tódolos asistentes».

Día da Familia no CEIP do Bolo

Bailes tradicionais galegos no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira

O colexio Ramón Otero Pedrayo de Viloira quixo conmemorar a data de celebración das Letras Galegas cunha pequena exhibición de baile e música galega, en colaboración con integrantes e mestres do grupo de música tradicional do colexio. Esta particular celebración tiña lugar o pasado martes nos xardíns da Casa Grande de Viloira, na que participou o alumnado de infantil e primaria do centro e ao que foron convidados pais e nais dos alumnos.

Conmemoración das Letras Galegas no CEIP Otero Pedrayo de Viloira.

También te puede interesar