Os boletus protagonistas nas Xornadas Micolóxicas da Veiga

11 noviembre, 2018
Os boletus protagonistas nas Xornadas Micolóxicas da Veiga
Publicidad

O Centro de desenvolvemento Rural de A Veiga celebrou onte sábado, 10 de novembro, unha charla sobre boletus impartida por Ricardo Mínguez —autor de estudos de divulgación da riqueza micolóxica de Galicia— quen foi xefe da oficina Agraria de Celanova entre os anos 1972 e 2012.

A Charla comezou as 10:30 horas e unha hora despois houbo unha saída ao campo para por en práctica o escoitado. Iso si, armados con cesta, navalla, botas e chuvasqueiro xa que o tempo estivo revolto. Ao regreso clasificáronse e identificáronse as especies recollidas.

Segundo Alejandro Mínguez, pertencente  a organización destas charlas e saídas a campo, aínda que que o tempo agora acompaña para a saída dos cogumelos xa é moi tarde e non nacen como deberan. « Escaseza de boletus nunha campaña retrasada. Seguen aparecendo Macrolepiota procera, choupín e muchas outras especies, pero os boletus en menor medida que outros anos».

O Próximo sábado, 17 de novembro, a charla versará sobre o cultivo doméstico de cogumelos e haberá unha práctica sobre o tema.

Mañá luns, comezan as Xornadas Gastronómicas de Novembro con un curso de preparación de cogumelos no colexio Eduardo Ávila Bustillo. O horario será de 17:30 a 20:30 horas y estará impartido por Alejandro Ricardo Mínguez González, divulgador micolóxico e un dos organizadores das xornadas. O martes, no mesmo horario e lugar o curso será de perfeccionamento  de receitas con setas.

También te puede interesar