Os alevíns do CD Rúa representaron a Valdeorras na Ourense Termal Cup

20 junio, 2016 A RÚA , BASES CD RÚA , DEPORTE
Os alevíns do CD Rúa representaron a Valdeorras  na Ourense Termal Cup

O domingo 19 de xuño o Ourense CF organizou no campo do Couto, na capital ourensana, a segunda edición do torneo Termal Cup no que participaban 700 xogadores da categoría alevín pertencentes a quince clubs da nosa comunidades, e tamén do resto de España e incluso da veciña Portugal.

Nesta homenaxe ó deporte de formación acudiron en representación de Valdeorras os rapaces do CD Rúa que lograron chegar a semifinais. Remata a tempada destes campións que tantas alegrías trouxo a afección e as súas familias.

También te puede interesar