Oca Nova Manzaneda presenta en la Diputación el programa EsquiOU 2019

3 diciembre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , MANZANEDA
Oca Nova Manzaneda presenta en la Diputación el programa EsquiOU 2019
Oca Nova Manzaneda presenta en la Diputación el programa EsquiOU 2019
Oca Nova Manzaneda presenta en la Diputación el programa EsquiOU 2019

A Deputación de Ourense, en colaboración con Oca Nova Manzaneda, organiza un ano máis o programa Esquiou 2019, para achegar a práctica de deportes de inverno e actividades de lecer a 735 nenos da provincia de Ourense, con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos. A presentación desta iniciativa deportiva tiña lugar na mañá do luns día 3 de decembro no centro cultural Marcos Valcárcel da capital ourensana, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da Estación Oca Nova Manzaneda, Gustavo Samartín.

 

Refuxo e cafetería no cumio da estación

Refuxo e cafetería no cumio da estación

 

Para o presidente da Deputación trátase «dun acto máis no ámbito da infancia» que desenrola o ente «nun dos enclaves máis atractivos da provincia», explica. Quixo así Manuel Baltar resaltar a «aposta firme por modernizar esta infraestructura do deporte e natureza», que espera a posta en marcha inminente dos cañóns de innivación, «a razón fundamental pola que a Deputación de Ourense se incorporou de novo ao accionariado e, sen dúbida, o proxecto estrela».

 

Samartín e Baltar durante a visita á Estación a pasada tempada

Samartín e Baltar durante a visita á Estación a pasada tempada

 

Pola súa parte, o director da Estación Oca Nova Manzaneda, Gustavo Samartín, destacou a «magnífica acollida» que ten esta iniciativa deportiva e a posibilidade que lle ofrece aos nenos da provincia de «aprender da estación e gozar da natureza», porque «compaxínanse actividades propias da estación con actividades centradas na aprendizaxe do esquí e nese primeiro contacto coa neve».

 

Profesor de esquí no punto de encontro

Profesor de esquí no punto de encontro

 

O programa EsquiOU oferta 735 prazas para nenos de 9 a 12 anos das sete zonas xeográficas da provincia, ofrecendo un completo programa que inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2010. A duración é de dúas noites e tres días, de luns a mércores.

 

Gustavo Samartín director de Oca Nova Manzaneda a pé de pista

Gustavo Samartín director de Oca Nova Manzaneda a pé de pista

 

O programa divídese en sete quendas de 105 persoas cada unha, que serán organizadas por proximidade xeográfica para facilitar a integración e a convivencia entre os participantes. Así, a quinta quenda, do 25 ao 27 de febreiro, será para a comarca de Valdeorras e a sétima quenda, que vai do 11 ao 13 de marzo, para as comarcas de Terra de Caldelas e Terra de Trives.

 

Vista das instalación da estación de esquí desde o telesilla

Vista das instalación da estación de esquí desde o telesilla

 

Os interesados en participar no programa poden inscribirse ata o día 15 de xaneiro de 2019 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es. O custe para cada participante será de 29 euros.

También te puede interesar