Obras na avenida Pablo VI da Rúa para a seguridade dos peóns

9 agosto, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD , BREVES
Obras na avenida Pablo VI da Rúa para a seguridade dos peóns

As obras que se están a realizar durante os últimos días na avenida Pablo VI da vila ruesa, mellorarán a seguridade dos peóns que transiten entre A Rúa e Petín. O paso de peóns que servía para cruzar desde a OU-602 e a OU-533  obriga a facer obras de remodelación na «isleta» entre as dúas estradas

A empresa encargada do mantemento destas estradas procedeu ao pintado da vía tras as obras de reforzo do firme rematadas vai uns días. Observouse que o paso de peóns situado na avenida de Pablo VI estaba moi preto dunha curva moi cerrada e de pouca visibilidade, polo que se  desprazou uns metros máis abaixo, achegándose cara á rotonda. Debido a este cambio de ubicación, o paso que tiñan os camiñantes para cruzar desde a OU-533 —estrada que une Petín coa Rúa— ata o outro lado da OU-602 —avenida Pablo VI— quedou inservible, polo que se procedeu a construción de beirarrúas para a seguridade dos viandantes.

Non foron só  estas só as melloras que se realizaron ao pintar. Na rúa Campogrande fixéronse unha morea de carrís de incorporación ás rúas transversais, tanto de incorporación como de saída. A anchura deste vía así o permitiu o que facilita a fluidez do tráfico polo centro da vila.

 

Traballos a primeira hora da mañá do 9 de agosto

Traballos a primeira hora da mañá do 9 de agosto

También te puede interesar