O traxe típico galego promove a língua en O Barco a través do comercio

15 mayo, 2019 ACTUALIDAD , EMPRESA , O BARCO
O traxe típico galego promove a língua en O Barco a través do comercio

O Centro Comercial Aberto inicia unha campaña con exposicións de camisetas feitas por escolares nos escaparates e no Paseo do Malecón

«Na procura de Antón Fraguas. Presume de lingua. Presume de prenda». Esta é a nova campaña do Centro Comercial Aberto que foi presentada na sede do colectivo empresarial. Participan 36 establecementos asociados. A vicepresidenta do colectivo, María Ánxeles Rodríguez, manifestou que o obxectivo é promover o coñecemento do galego e que se coñezan os establecementos. 

Na presentación estiveron os responsables dos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino de O Barco. Concretamente, Marta Cortés —IES Marta Guisela— , Celia López, Josefa Domínguez, Paula López, Manuel González Crespo —«Condesa de Fenosa»— y Chus Rodríguez —IES Lauro Olmo—.

Charo de Ca-can en la sede del Centro Comecial Aberto muestra una de las camisetas

Os coordinadores explicaron que entre os días 16 e 31 de maio, os escaparates mostrarán camisetas que confeccionaron os alumnos e alumnas dos centros escolares cos nomes das prendas do traxe tradicional galego. Os clientes deberán determinar as que forman parte do vestiario propio da indumentaria típica. A iniciativa, enmarcada no programa das Letras Galegas, inclúe ademais unha exposición no Paseo do Malecón baseada no traxe galego.

Recordaron que Antón Fraguas, ao que se lle adica o Día das Letras, non foi específicamente un literato pero sí un home polifacético, antropólogo, profesor, historiador, xeográfo e un eminente estudoso e defensor do patrimonio etnográfico.

Con esta inicitiva se busca a promoción e estudo do traxe tradicional galego en todas as súas variantes. En outras campañas o fío condutor foi poñer de moda o galego e a mesma intención leva esta campaña. «Imos vestir ó galego coas suas prendas tradicionais, presumindo da súa elegancia e variedade», expresaron. Así, o Paseo do Malecón e os 36 establecementos comerciais serán a «pasarela de moda» para difundir e reivindicar este patrimonio.

Os nenos e nenas elaboraron camisetas representadas con palabras do traxe tradicional galego e nomes de pezas non tradicionais como polainas —tradicional— e lubas —actual—. As persoas que participen deberán averiguar que pezas non forman parte do traxe tradicional e cubrir un díptico elaborado para dita finalidade.

Despois, hai outro apartado de exposición, no que se decorará o Paseo do Malecón con pezas do traxe galego, concretamente entre a pasarela e a estatuta de Castelao.

Os organizadores amosaron a súa preocupación porque nas vindeiras horas se agarda choiva e deben atopar un lugar cuberto para esta exposición aberta a rúa.

También te puede interesar