O trampeo da velutina é esencial contra a súa expansión

18 abril, 2021
O trampeo da velutina  é esencial contra a  súa expansión
Publicidad

As avespas reinas están saíndo do letargo invernal e comezan a elaborar os seus  niños primarios, agora é o momento de pórlles freo

A avespa velutina unha vez sae do seu letargo invernal ponse mans á obra para construír os seus niños primarios. É por iso que desde hai un tempo o trampeo é unha das actividades primordial dos membros de Protección Civil da comarca. Neste domingo 18 de abril estivemos con José Benito Domínguez Álvarez, de Protección Civil de Petín, mentres poñía dúas trampas nunha finca en Petín.


Publicidad

Zume de arandos, viño branco, vinagre e deterxente de lavar a vaixela é o preparado que Xosé Benito verteu nas botellas de  litro e medio preparadas para o trampeo. Estas botellas teñen aos lados dous buracos de 9 milímetros enfrontados que segundo nos conta é por onde entran as avespas. «Fágoos cun estañador, xa teño unha plantilla», conta José Benito.

Logo vaise a un dos árbores para colocar o aparello a un metro e medio do chan. «Cantas máis flores teñan mellor. Gústalle moito o romeiro e o acevo», explica mentres fai o trampeo. Levan armado máis de 50 trampas en todo o concello e ademais da capitalidade tamén os colocaron en Mones, Freixido, Portomourisco ou Sampaio.


Publicidad

«Cada exemplar eliminado supón un niño enorme menos nos próximos meses. De cada niño primario saen unha media de 10 raíñas que a súa vez farán estes grandes niños dos que saíran outras raíñas», detalla..

O líquido atraente entrégase sen custo algún ás persoas que vivan no concello. «É unha tempada crucial para o trampeo, por cada  exemplar que se capture  impedirase a posterior formación de niños primarios e secundarios», aclara. Tamén se colocaron trampas en varias zonas públicas para reforzar a campaña contra esta especie invasora.

Vídeo no que José Benito conta a somoscomarca.es como se fai o trampeo.

También te puede interesar