Os viandantes e vehículos que transitaron pola rúa Conde de Fenosa do Barco non daban creto o que estaban a ver
Na maña do 20 de novembro un simulacro de incendio no Hospital Comarcal Valdeorras causaba grande expectación entre os viandantes e condutores que entre as 11:00 e as 12:30 transitaban pola céntrica rúa do Barco.
A situación quixo asemellarse en todo o posible a realidade, por iso ás 11:00 horas víase saír fume —provocado para a ocasión— da sala de espera situada na parte oeste do hospital. O pouco chegaba a Policía Local do Barco quen se encargaba de pechar o tramo da rúa Conde de Fenosa fronte o hospital. Os vehículos desviáronse pola rúa Castelao e Río Miño.
Os seguintes en chegar foron os membros da Garda Civil e os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, GES de Valdeorras —teñen a súa sede no Barco—.
Por último apareceron tres dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense que teñen o parque na Rúa.
Como en calque incidente deste tipo, prodúcense feridos, é por iso que até o lugar acudiron até catro ambulancias —unha delas medicalizada— que se encargaron de trasladar ós feridos e atendelos no propio lugar.
Unha vez rematado o simulacro todo volveu a normalidade, iso si ca xente polas rúas preguntándose que era o que pasaba.