O Sergas lanza un plan centrado no paciente crónico

23 noviembre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , CONCELLOS
O Sergas lanza un plan centrado no paciente crónico

Trala súa exposición aos profesionais de primaria e hospitalaria de Ourense, Verín e Valdeorras, os vindeiros días iniciarase a implantación, en toda a provincia, do Plan de Atención ao Paciente Crónico e Pluripatolóxico, co obxectivo de mellorar o seu coidado e atender máis aos que máis o precisan.

Dito plan céntrase en dar unha atención personalizada, directamente desde os centros de saúde e a domicilio, mantendo aos pacientes o máximo tempo posible no seu entorno, evitando a reagudización dos seus procesos para manter súa saúde o mais estable posible, mediante a coordinación dos equipos asistenciais médicos, enfermeiros, traballadores sociais, farmaceúticos e Puntos de Atención Continuada de Primaria, coordinadamente cos servizos hospitalarios como Medicina Interna, Urxencias e Hospitalización a Domicilio.

O plan céntrase na Atención Primaria, e especialmente no seu colectivo de enfermería, nivel asistencial mais próximo ao paciente e súas familias, que dispoñen nestes servizos de saúde cun equipo multidisciplinar, con gran experiencia no manexo dos pacientes pluripatolóxicos e anciáns, desde un punto de vista integral e directo.

Xunto a eles, cada servizo de saúde contará cun profesional de enlace, ou referente, de atención hospitalaria, o que permitirá coordinar as distintas actuacións e axilizar tanto as interconsultas, por parte dos profesionais, como os circuitos internos dos pacientes cando deban acudir ao hospital ou requiran ingreso. Para elo, establecéranse referentes nos tres hospitais, asi como grupos de traballo conxunto formados por profesionais das distintas categorías e especialidades, establecendo tamén vías de comunicación directa coas residencias sociosanitarias e da terceira idade, que acollen a unha relevante porcentaxe da poboación diana.

Os criterios de inclusión no plan de atención son aqueles pacientes con dúas ou mais patoloxías crónicas e pluripatoloxía, principalmente de tipo respiratorio e cardíaco, combinadas con outras de gran prevalencia, como pode ser a cardiopatía isquémica, a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), insuficiencia cardíaca, diabete, demencias, etc.. Todas elas en estadíos moitas veces evolucionados.

Con este perfil a xerencia estima que beneficiaranse do plan ao redor de 15.000 pacientes en Ourense, o que supón o 5% da súa poboación, que na actualidade presenta un altísimo nivel de envellecimento o que conleva unha maior prevalencia de cronicidade e pluripatoloxía, ainda que inicialmente, que dacordo coa estratexia galega enfocarase nos pacientes inmobilizados, que na província estímanse nunhas 3.000 persoas.

Alberto del Alamo, xefe do Servizo do Novoa Santos destacou que o punto mais importante para a implantación é a identificación destes pacientes, en cada cupo médico e de enfermería, para poder establecer un plan de coidados personalizado en función das necesidades. Traballo no que Ourense xa leva a dianteira cun 10% da poboación diana xa identificada e a seguimento.

Este novo modelo de traballo supón unha «revolución asistencial» en verbas do doutor Del Álamo, xa que este colectivo acapara o 60% de todalas hospitalizacións, dous tercios das urxencias; o 50% das consultas nos centros de saúde e tres das cuatro partes do gasto sanitario global. Polo que mellorar súa atención repercutirá na mellora da de toda a cidadanía

O Sergas conta en Ourense, a data de hoxe, con 305.011 usuarios, deles o 31%, 94.566 teñen mais de 64 anos, dentro deste grupo de maiores, 16.456 teñen entre 80 e 84 anos e 21.015 mais de 85. É dicir en Ourense hoxe 37.471 persoas teñen mais de 80 anos. Para súa atención, destacou Isabel Gómez, directora de Procesos sen Ingreso, a provincia conta con 254 médicos de familia, cun cupo asistencial equilibrado, nunha ratio de 1.200 pacientes por profesional de media.

Nesta liña, o xerente da EOXI, Julio García Comesaña, destacou que o plan é mais un cambio de modelo que unha iniciativa puntual xa que o novo xeito de traballar supondrá un cambio na orientación dos recursos para non só atender senón coidar.

O obxectivo do plan é chegar aos pacientes mais vulnerables, 14.595 ourensáns que cumpren os criterios de inclusión no programa, e que supoñen ao redor do 5% da poboación da provincia.

Se desexa escoitar a entrevista completa a Julio García Comesaña, xerente do HCV, faga click na seguinte ligazón:

También te puede interesar