O Sergas defende que o HCV non perde prazas de internista

5 noviembre, 2018
O Sergas defende que o HCV non perde prazas de internista
Publicidad

O pasado xoves circulaba xa na rede unha petición de firmas lanzada a través da plataforma change.org por Jesús Vilasánchez, traballador da sanidade no Barco e representante do BNG, quen pediu para Valdeorras que «se repoñan os internistas que marcharon e se evite a destrucción da sanidade» na comarca. En poucos días, esta petición foi firmada por máis de 2.500 persoas, acadando notable atención e preocupación na poboación.

O Sergas pola súa banda, respostaba a través dun comunicado que o Hospital Comarcal Valdeorras «non perde ninguna praza de internista» porque senón que se está a confundir o traslado, por mor dun recente concurso, coa perda de prazas ou persoal médico no Hospital». Explican ademáis que «das dúas prazas que quedaron vacantes neste concurso, unha ven de ser cuberta, e a outra o será nos próximos días, una vez conclúa o proceso de acoplamentos que esta tendo lugar en toda Galicia», e que por tanto está a producir «cambios de profesionais en tódolos hospitais do Sergas».

Tampouco está dacordo o Sergas coas afirmacións que se fixeron acerca da falta de asistencia médica no centro de saúde de Rubiá, porque o centro, que atende a 1.025 usuarios, posúe «unha media de pacientes por médico moi inferior á media provincial – 1.200 usuarios por médico –». Explican dende o Sergas que «coincidindo coa xubilación dun dos dous médicos, que atendía a 330 pacientes seguindo o antigo modelo asistencial, APD, con só dúas horas e media de consulta, agora a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco procedeu a integralos nun único cupo médico».

Desta forma, a praza que ocupaba reconvertirase nunha «de novo modelo, a xornada completa, o que sen dúbida repercutirá no beneficio público, garantindo ademais o mantemento dos recursos humanos da sanidade pública da provincia Ourense». Todo o dito leva ao Sergas a asegurar que os veciños de Rubiá continuarán sendo atendidos dun xeito axeitado».

También te puede interesar