O Programa Integrado de Emprego da AEVA conta coa participación de 100 persoas

29 junio, 2020
O Programa Integrado de Emprego da AEVA conta coa participación de 100 persoas

A Xunta anima aos empresarios valdeorreses a formentar a formación

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

Casal animou ao tecido empresarial valdeorrés a coordinar actividades que fomenten a formación, definindo esta como unha garantía tanto de inserción laboral como de fortalecemento dos propios axentes produtivos. Deste modo, o director salientou a importancia que cobran os programas formativos ante o escenario económico debuxado trala covid-19, sendo estes dinamizadores da empregabilidade ao contar con competencias especializadas para o novo contexto.


Publicidad

Neste senso, o responsable de Orientación e Promoción Laboral puxo en boga o papel fundamental que representa a aprendizaxe dixital, contribuíndo non só a facilitar a transformación tecnolóxica do tecido empresarial, senón tamén a xerar diferenciación e crecemento na propia empresa, e achegando así a recuperación económica e laboral.

Os programas formativos tiveron que suspender a súa aplicación presencial durante o estado de alarma, se ben se reformularon a un modelo en liña para garantir a súa continuidade. Non obstante, Casal sinalou que a vontade da Administración autonómica é a reactivación física dos programas a partir do vindeiro 1 de xullo, respectando os distintos protocolos sanitarios para ofrecer as condicións de seguridade obrigatorias.


Publicidad

O PIE da Asociación Empresarial de Valdeorras conta coa participación de 100 persoas.  O alumnado recibe formación técnica para optimizar as súas competencias laborais, incluíndo aprendizaxe en novas tecnoloxías e idiomas. Ademais, teñen á súa disposición servizos de asesoramento profesional e de coaching motivacional, contando así mesmo coa posibilidade de realizar prácticas en empresas de distintos sectores.

Imagen de archivo.

También te puede interesar