O PP volve a reprobar ao presidente da FEGAMP o uso partidista do seu cargo

7 diciembre, 2018 ACTUALIDAD , CONCELLOS
O PP volve a reprobar ao presidente da FEGAMP o uso partidista do seu cargo

O grupo provincial popular anunciou que presentará no pleno ordinario de decembro unha moción na que reitera a reprobación de Alfredo García Rodríguez, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), polo uso «sectario e partidista» que está a facer desta organización. «Unha actitude impresentable», expresan desde el PP, «de absoluta falta de respecto institucional e de intromisión na autonomía local, pero que non queremos que se esqueza por cuestións meramente técnicas», explicou o deputado de Cooperación e representante da Deputación na Federación, Pablo Pérez.

O partido popular explicou que «a orixe desta iniciativa está na data do 11 de xullo de 2017, cando a través dun correo electrónico con orixe no gabinete de presidencia da FEGAMP, o seu presidente, Alfredo García, convocou aos alcaldes e alcaldesas da provincia a unha reunión que se celebrou no centro cultural Marcos Valcárcel, para falar sobre un posible plan de obras e servizos na provincia de Ourense».

A reunión, conta Pablo Pérez, «foi todo un fracaso pois nin tan siquera acudiron o 20 % dos concellos contactados, pero sí conseguíu xerar un enorme malestar polo tema a tratar, polo xeito en que se fixo a convocatoria, con total  escurantismo e sen consultar con ningún dos órganos nos que o Partido Popular está representado – xunta de voceiros, comité executivo e comité federal -».

Defenden dende o PP que «Alfredo García quixo impoñer a unha institución como a Deputación de Ourense os criterios de actuación dun partido, menosprezando o respaldo electoral obtivo polo Partido Popular e que converteu á Deputación ourensá no único goberno provincial de Galicia con maioría absoluta».

Pérez insistiu en que a convocatoria dunha reunión desas características «dende unha entidade que debería ter por bandeira a obxectividade e a independencia só responde a un uso sectario e partidista dunha institución e unha rexeitable mostra de intromisión ilexítima nas competencias dun goberno provincial, que cuestiona a capacidade de Alfredo García como presidente da FEGAMP».

A iniciativa do PP inclúe tamén como proposta que o acordo de reprobación sexa trasladado a tódolos concellos da provincia de Ourense, aos integrantes do consello federal, xunta de voceiros e comisión executiva da FEGAMP, e ao Presidente da Xunta e do Parlamento de Galicia.

También te puede interesar