O obradoiro de pintura mural comeza a traballar en Calabagueiros

19 julio, 2019 ACTUALIDAD , BREVES , CULTURA , O BARCO
O obradoiro de pintura mural comeza a traballar en Calabagueiros

O estadio municipal quedará embelecido con murais pola igualdade da muller no deporte

Os rapaces do IV Obradoiro de Pintura Mural, organizado polo Concello do Barco, xa están a traballar nas portas de acceso ó estadio barquense. O proxecto, organizado en anos pasados, busca embelecer zonas do Barco e integrar xente nova en risco de exclusión.


Publicidad

O obradoiro está coordinado por Eva Piay e Nuria Piedelobo, formadas en Belas Artes. Ambas guiarán un proxecto no que participan arredor de quince rapaces e cuxa temática neste ano será a igualdade da muller no deporte.

Se queres escoitar o que lle dixeron a Isaac Cruz, no espazo «A la calle» de Radio Valdeorras Onda CEro, fai click na seguinte ligazón:

También te puede interesar