O colexio Manuel Respino estrea E-Dixgal e patios dinámicos

1 diciembre, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD , CULTURA

Ademais destas novidades, no colexio público rués haberá extraescolares como robótica, manualidades, pintura ou ximnasia rítmica

No espazo de Radio Valdeorras Onda Cero achegámonos, o mércores 27 de novembro, ó colexio público Manuel Respino da Rúa. Alí recibiunos Mª Elena López Rodríguez, secretaria e orientadora do centro educativo. Temos por costume falar coa directora ou o director do colexio para que nos conte o proxecto educativo do centro, neste caso non foi posible, como nos explicou Mª Elena, «a directora atópase de baixa».

Publicidad

Entre as novidades que conta o centro público da Rúa está E-Dixgal,  onde o profesorado e alumnado desenvolven a súa actividade educativa diaria nunha contorna virtual de aprendizaxe que lles permite acceder a contidos dixitais. Un programa onde se traballa con ordenadores porque teñen profesorado preparado e especialista no tema. «Estamos bastante contentos como se está levando a cabo. Os nenos están motivados, teñen interese, gústalle o de traballar a través do ordenador. Lévano para a casa. Temos que esperar a avaliación para ver os resultados», sinala López Rodríguez.

Planta baixaonde se atopan expostos os debuxos feitos no Día das Bibliotecas Escolares

Se nas aulas se informatizan, no patio queren volver os tempos en que os nenos xogaban e interactuaban con outros nenos, por iso despois do Nadal van implantar «Os patios dinámicos», nos que se destinaran zonas para diferentes xogos: a corda, xogos de pelota ou pillla-pilla. «Queremos cos nenos non só xoguen cas tabletas e móbiles se non tamén a comba ou a xogos como os de antes», recalca a orientadora.

Outra das novidades que hai neste momento e a biblioteca escolar que ten como temática con «xogo e xoguetes» que será tamén o que de pé para facer os disfraces de Entroido.

A temática do Entroido do pasado ano foi a dos inventos esta será xogos e xoguetes

O colexio Manuel Respino da Rúa acolle a case que 200 alumnas e alumnos do concello e tamén dos veciños de Larouco ou Petín. Conta cunha plantilla de 19 mestres e aínda que pareza raro nos tempos que corren foron quen de aumentar o número de matriculados. Hai un aula por curso e incluso en primeiro de primaría existen dúas aulas. En infantil o curso onde hai menos nenos e no de catro anos e no de cinco, o máis numeroso ten 25 alumnos.

En canto a actividades extraescolares contan con: Robótica, ximnasia rítmica, pintura e manualidades as que asiste bastante alumnado pola tarde, segundo sinala Mª Elena.

Moita actividade no Manuel Respino da Rúa

Desde o comezo de curso foron diversas as actividades que realizaron, Magosto, Samaín, Día das Blibliotecas e Día da Non Violencia. O Magosto realizouse o 11 de novembro coincidindo co San Martiño e ademais de  asar as castañas comeron bolos preñados e até houbo o remate unha chocolatada. En Samaín cabazas decoradas e túnel do medo onde os profesores entregáronse a fondo para decorar unha das aulas e que fora unha xornada «terrorífica».

No Día da Biblioteca os protagonistas, como non podía ser doutro xeito, foron os libros e as lecturas, pero tamén os debuxos. Desde ese día están expostos na planta baixa do centro. E xa na celebración do Día da Non Violencia todos os rapaces e rapazas entornaron cánticos no patio.

Aula de plástica e manualidades onde se poder ver os traballos dos rapaces

O Nadal está hai e como di Mª Elena, «é tempo de ilusión e van a facer unas postais navideñas». Entre todas as que se presenten elixirase unha que será ca que o centro felicite o Nadal ó resto dos colexios. Tamén se venderan rifas para o sorteo dunha cesta que axudará a financiar a excursión de fin de curso dos rapaces de sexto de primaria. E non é iso todo, xa que a medida que avance o mes de decembro, cerca do Nadal os nenos e nenas que queiran irán visitar ós maiores do Centro de Día e da Residencia de Fátima. «Van ir a cantarlle panxoliñas e tamén facer unha obra de teatro», subliña a orientadora. Non faltará o festival de Nadal aberto a toda a comunidade educativa onde participarán todos os cursos. Ó remate comida para todos.

Se queres escoitar o que contou Mª Elena para Menuda TRopa fai click na seguinte ligazón:

Obras da Consellería

«Desde a consellería faise un esforzo bastante grande en investir e mellorar o centro. Nestes intres estamos mellorando a calefacción. Hai instalación novas de caldeira e de todo o sistema e tamén se mellorarán outras instalacións ó largo do curso», recalca Mª Elena, neste senso.

Obras para recolocar a caldeira e de arranxo do sistema de calefacción

Se queres escoitar o que nos contaron os nenos e nenas de 4 anos de Infantil na visita ó Manuel Respino, dálle a seguinte ligazón:

Os de E-Dixgal que están na clase de 5º de primaria tamén quixeron falar, e esto foi o que contaron:

Os de segundo de primaria tamén contaron o que lles gustaba e o que non, dentro e fora do colexio:

E xa por último na clase de inglés o que se achegou ó micro foi Bruno Mondelo e até se arrincou a facer a pregunta en inglés:

También te puede interesar