O II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán nomeu xurado

18 octubre, 2019
O II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán nomeu xurado
Publicidad

Está integrado por persoas con amplia traxectoria e experiencia no ámbito cultural e literario

O II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán nomeou xurado. Unha resolución da Alcaldía do Concello de Vilamartín designa os membros que o conforman. Débora Álvarez Moldes, directora do Proxecto As Letras de Florencio, destaca a valía dos persoeiros escollidos pola «súa traxectoria e experiencia».

O presidente é Xulio Pérez Veiga, profesor do IES Pablo VI, filólogo e gran estudoso da obra de Florencio Delgado Gurriarán. E os vogais son Pilar Pallarés García, licenciada en Filoloxía, poeta, ensaísta e crítica literaria e Francisco Macías Macías, fundador de Edicións Positivas e crítico literario.

Tamén figuran Ramón Nicolás Rodríguez, crítico Literario, profesor, traductor e escritor galego; e Jorge Moral Vidal, gañador da edición anterior do I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. A secretaria é a directora do Proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez Moldes.

«Dende O Proxecto As Letras de Florencio estamos convencidos de que imos aprender moito deles», comentou Débora Álvarez.

A segunda edición do premio Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán mantén aberto o prazo de recepción de textos poéticos ata o vindeiro 8 de novembro. A presentación de poesías pode facerse a través da páxina web do proxecto ou ben a través do correo postal dirixido ao Concello de Vilamartín.

O premio segue a ser dotado ca mesma contía que a edición anterior, 3000 euros para o gañador ou gañadora. A máis do galardoado escolleranse tres textos finaslistas.

Jorge Moral, o gañador da edición do ano pasado

O barquense Jorge Moral Vidal foi o vencedor do primer concurso de poesía o ano pasado co texto «Quen dirìa». Agora, agárdase de novo interés e entusiasmo por esta convocatoria que, ademais de ensalzar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, pon en valor aos escritores da comarca de Valdeorras.

Os organizadores animan a participar nesta nova edición que, sin duda, volverá a revelar os valores literarios da zona.

También te puede interesar