O IES Lauro Olmo do Barco gañador do Rally Matemático en Santiago

6 abril, 2019 ACTUALIDAD , CULTURA , O BARCO
O IES Lauro Olmo do Barco gañador do Rally  Matemático en Santiago

O equipo formado polos sete alumnos de 3º  A da ESO participará na fase final en Toulousse (Francia)

Sara González, Alicia Ruíz, María Vidal, Lucía Ansín, Lucía Núñez, David Álvarez y Hugo Neira, coordinados pola profesora de Matemáticas, Olalla Varela,  foron os gañadores de terceiro da ESO no Rally Matemático, no que participaron mais de 1000 estudantes e 200 docentes.

Grupo de alumnos do Ies Lauro Olmo que gañou a Rally

Os cinco equipos gañadores asistirán en maio á final internacional de Toulouse, cuxo Rallye mathématique sans frontières ten máis de 25 anos de existência e onde os estudantes galegos adoitan obter excelentes resultados.

De primeiro a terceiro houbo unha categoría por curso mentres en cuarto había dúas modalidades: a de matemáticas (común ao resto dos niveis) e a de ciencias.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, entregou os premios da final galega, na mediodía de onte 5 de abril, na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


Publicidad

Valentín García expresou a súa satisfacción pola «masiva participación do alumnado galego nesta proba científica e matemática que se celebra en galego, o que é unha mostra de que a formación en lingua adquirida polos nosos estudantes en colexios e institutos os capacita e fai sentir seguros para usar este idioma en calquera ámbito do coñecemento».


Entrega de premios da final galega

Xunto co secretario xeral de Política Lingüística participaron no acto de entrega dos premios Pedro Rodríguez Dafonte, vicedecano da Facultade de Química; Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, e Inés Ben González, secretaria da mesma institución.


Publicidad

O VII Rally Científico Matemático está organizado pola Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ampla participación

O Rally Científico Matemático organizado por Igaciencia é unha das probas científicas para alumnado da ESO de maior participación en Galicia. Na súa sétima edición  interviñeron 1016 alumnos e alumnas adestrados e apoiados por 200 docentes, dos que só 120, pertencentes a 15 centros educativos e acompañados de 30 profesores e profesoras, chegaron á final galega celebrada onte.

También te puede interesar