O IES Lauro Olmo celebra a súa IV Andaina Literaria polas rúas do Barco

270 alumnos e máis de 30 profesores percorreron os lugares máis emblemáticos do Barco coñecendo a súa historia e conmemorando as Letras Galegas

Ao berro de «¡Atención, xente lendo!» hoxe as rúas do Barco enchéronse de ávidos lectores de galego dispostos a contaxiar o amor polas letras da nosa fala a todo o que se cruzaba no seu camiño. Eran cerca de 270 alumnos e alumnas de ESO e 1º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco, acompañados por máis de 30 profesores, percorrendo a tradicional xa Andaina Literaria, un itinerario que vai pola cuarta edición e que conmemora as Letras Galegas.

Na ruta, actividades sobre a natureza, a historia local e o fomento da lectura, das que disfrutaba o alumnado dende ás 9:00 horas e ata ás 14:00 horas, nos diferentes escenarios do concello, O Malecón, a Praza do Sagrado, o Porto da Barca, o Mirador da ponte, a Finca da Cruz, a Casa do Río Cigüeño, e finalmente, a Praza de Andrés Prada. Nesta última ubicación xuntábanse os cinco grupos formados abarrotando o lugar, co obxectivo de ler fragmentos da obra de Antón Fraguas, o persoeiro homenaxeado o Día das Letras Galegas deste ano.

No decurso da xornada, este medio puido falar con representantes do alumnado do IES Lauro Olmo, entre eles, as rapazas Irati, Vera, Paula, Ariadna e Gemma, de 1º de Bacharelato, que coincidían no necesario desta actividade para coñecer a historia local á que doutro xeito, quizáis, non se achegarían.

Irati, Vera, Paula, Ariadna e Gemma na Praza Andrés de Prada da vila barquense.

A iniciativa transcurriu con normalidade, «pasando unha xornada educativa, lúdica, divertida, participativa; un día distinto, creando novas relacións» conta Santos, «e sempre cumplindo o obxectivo principal, ler, e facelo sobre a historia do Barco», nesta ocasión ademáis, combinandoo cunha celebración moi particular das Letras Galegas.

Se queres escoitar o directo do programa de Valdeorras en la Onda, no que falamos con Lalo Santos e coas cinco rapazas que o acompañaban en representación dos seus compañeiros do centro, na seguinte ligazón:

También te puede interesar