O III Festival e Feira Medieval no Castelo do Bolo coincidirá coa XII Festa da Vitela.

9 abril, 2019
O III Festival e Feira Medieval no Castelo do Bolo coincidirá coa XII Festa da Vitela.

Será o 20 de abril e achegará cultura e tradicións centenarias, incluindo mercado medieval, cetrería e música, co protagonismo da Real Banda de Gaitas

Un mercado medieval, mostra e exhibicións de cetrería e música tradicional, co protagonismo da Real Banda de Gaitas. Á agrupación musical que dirixe Xosé Lois Foxo unirase a formación xuvenil e as cantareiras, así como outros artistas, conformando un amplo programa de actividades.



A presentación do Festival fíxose hoxe no Pazo Provincial. O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Bolo, Manuel Corzo; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, o experto en cetrería e representante de “Rapiñas do Salnés”, Evaristo González, e os membros da organización da festa Leo e Rodrigo Vázquez, estiveron presentes a hora de presentalo .

Aguia voando por riba dos músicos

O acto, que contou na súa parte musical coa participación de integrantes da Real Banda de Gaitas, tivo como protagonista a unha aguia real. Será unha das aves que realizarán demostracións de cetrería na festa medieval.


Publicidad

Rosendo Fernández destacou «o grande reclamo turístico que supón o Castelo do Bolo, reconstruído en 1999 polo impulso do alcalde Manuel Corzo». Remarcou que a Deputación de Ourense «apoia este festival e festa medieval polo que supón de promoción das nosas tradicións».

O alcalde do Bolo, Manuel Corzo, cantareiras de seitura de Lentellais e Xose Lois Foxo

Na mesma liña, Xosé Lois Foxo dixo que actividades deste tivo «contribúen a dinamizar o mundo rural da man da cultura, a arte, as tradicións e os saberes populares», e salientou que o programa deste ano «céntrase na homenaxe aos gaiteiros Os raparigos do Ferrol», que actuarán no festival. Contarase, ademais, coas actuacións do gaiteiro á usanza medieval Javier Franco; do grupo de zanfonas da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense; das Cantareiras de Seitura de Lentellais. A cantante Lucía Pérez interpretará un romance medieval, acompañada polas Cantareira da Real e por un organistrum medieval.

Os membros de Rapiñas do Salnés cunha das aves de cetrería na pasad edición do festival

O alcalde do Bolo agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense «para facer realidade un ano máis esta celebración no concello máis turístico de Valdeorras» e destacou que nesta edición haberá tamén unha homenaxe á viticultura e ao enoturismo da comarca bolesa. 

También te puede interesar