O CPI de Sobradelo é un colexio de educación personalizada

17 noviembre, 2019 ACTUALIDAD , CARBALLEDA

O sistema educativo, a proximidade ó Barco e o convenio con León fai que o centro se nutra de alumnos dos municipios veciños do Barco e Puente de Domingo Flórez

O centro educativo Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo é un CPI, unha mestura de un CEIP —Colexio de Educación Infantil e Primaria— e un IES —Instituto de Ensino Secundario—. Esta figura xurdiu ca LOGSE — Ley Orgánica General do Sistema Educativo, de 3 de octubre de 1990—, segundo nos aclara Berta Gudiña, a directora. «Só temos en Galicia esta figura. Son uns centros que reúnen unhas características especiais. Temos nenos desde 3 anos até os 16 anos. Os nenos de aquí, entran en infantil e saen ó remate da ESO», aclara a directora. Por este motivo son moitos os pais da veciña vila do Barco que traen os seus fillos a cursar os estudos o CPI de Sobradelo. Ademais, o convenio con Educación de Castela e León permite ós rapaces de Puente de Domingo Flórez acceder ó centro.

Un total de 70 alumnos cursan  estudos no Tomás Terrón Mendaña, 35 en primaria e outros tantos en secundaria. Hai 17 profesores, tres dos cales itineran co centro Santa María de Casaio.

Publicidad

A atención e moi individualizada xa que a clase que máis nenos ten  non supera os dez. Como di Gudiña: «Case sabemos as veces que estornudan ó día». Respecto ó carácter familiar do centro: «Coñecer estes nenos desde pequeniños ata que rematan a ensinanza secundaria obligatoria é o que lle imprime este centro un caracter familiar. A verdade que estamos moi pendientes de todos eles, porque, entre outras cousas temos moi poucos nenos por aula e fai que a atención sexa moi individualizada para ben ou para mal ».

Nas portas das aulas aínda quedan restos da decoración de Samaín

O alumnado repártese en 5 aulas que están agrupados por ciclos. Una para infantil 3, 4 e 5 anos—, outra para os de 1º e 2º, outra máis para 3º e 4º e tamén para os de 5º e 6º. «A nivel de  infraestruturas está moi ben dotado, aínda que está infrautilizado», asegura a directora. Noutros tempos tiña un gran número de escolares e hoxe non ocorre así.

Respecto ás actividades celebran as típicas: Samaín, magosto, Nadal, Entroido, fan saídas ós arredores do centro para desfrutar da natureza. Charlas sobre os abusos do uso de redes sociais, excursións a Madrid, á costa —intercanvio con alunado de Cedeira—, ver obras de teatro a Vigo ou Ourense, son outras extraescolares que pensan facer. Este ano toca a saída bianual a Andorra e un curso de Surf na costa, para os da ESO.

Uxía consultando a enciclopedia na biblioteca

Dado o número de traballadores que hai na zona da veciña Portugal, no centro impartíase a asignatura de portugués. O goberno deste país mandaba mestres para que os rapaces seguisen en contacto coa súa lingua e a súa cultura de orixe. O convenio rompeuse vai uns anos debido a crise e pese a todo o Tomás Terrón Mendaña seguiu dando estas clases. Eso sí, foi en 3º da ESO, ofertaban idioma Francés ou Portugués, xa que había unha profesora que estaba capacitada para elo. Desde hai uns anos non está esa profesora e «entón xa non o temos».

Para escoitar a entrevista a Berta Gudiña, fai click na seguinte ligazón:

De visita á biblioteca

De camiño á biblioteca Berta foinos ensinando como estaban decorados os corredores co gallo do Samaín. Uxía, Rodrigo, Jesús, Beatriz, Desi, Roi e Alba decidiron ir a biblioteca na hora do recreo mentres o resto de nenos da ESO xogaba ó balón no patio. Unha singularidade atopamos nesta visita e foi comprobar que aínda hai colexios, como neste de Sobradelo que se consultan as enciclopedias.

Se queres escoitar ós alumnos de ESO que estaban na biblioteca, fai click na seguinte ligazón:

Primaria, o regreso á infancia

Grande diversidade de lugares de procedencia foi o que observamos neste colexio de Sobradelo. Nenos e nenas os que lle gusta xogar, compartir cos amigo e, si, ir ó colexio en vez de estar de vacacións.

Traballos e xogos compartidos, risas e moita complicidade tanto entre compañeiros como cos profesores. O igual que os outros colexios do rural que levamos visitado senten que son unha gran familia.

Para escoitar ós nenos e nenas do colexio de sobradelo, fai clic nas seguintes ligazóns:

También te puede interesar