O coronavirus cóbrase a primeira víctima mortal en Galicia

14 marzo, 2020 ACTUALIDAD , CORONAVIRUS , VÍDEO
O coronavirus cóbrase a primeira víctima mortal en Galicia

Trátase dunha muller de 92 anos con multipatoloxía segundo informaba en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña,  daba a coñecer na mañá do 14 de marzo que o COVID-19 cobrabase a primeira víctima mortal. Trátase dunha muller de 92 anos con «multipatoloxía» que estaba ingresada na Área de Vigo, concretamente en POVISA. Segundo el mesmo informou na rolda de prensa onde se fixo un resumo da situación. Almuiña enviou o pésame da Consellería a toda a familia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado do xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, e do director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, informou en rolda de prensa da situación actual do coronavirus en Galicia.

Recordou que existe unha páxina web onde se pode atopar toda a información de utilidade para os cidadáns ao marxe dos teléfonos habilitados. A páxina é www.coronavirus.sergas.gal.

No momento actual o conselleiro afirma que: «A situación en Galicia está siendo mejor que en el resto de España, pero evidentemente seguen evolucionando los casos».

Das 1.087 analíticas realizadas polo PCR — só onte fixéronse 303 nos centros do Servizo Galego de Saúde— rexístranse os seguintes datos: 135 pacientes activos —7 ingresados na UCI, 27 en unidades de hospitalización e 101 ( 75%) pacientes en atención domiciliaria—.

Por Área Sanitaria: 55 son de A Coruña, 5 de Ferrol, 17 de Santiago, 7 de Lugo, 15 de Ourense, 13 de Pontevedra e 3 de Vigo. Respecto as altas produxéronse na Área da Coruña e foron 3.



También te puede interesar