O Conselleiro de Sanidade visitará o Hospital Comarcal Valdeorrras

25 febrero, 2019
O Conselleiro de Sanidade visitará o Hospital Comarcal Valdeorrras
Publicidad

A presentación dun proxecto de mellora do hospital comarca é a razón da presenza de Vázquez Almuíña na comarca

Así lle lo confirmou o Concelleiro a Sabina Aguado, candidata á alcaldía polo Partido Popular ao Concello do Barco, na xuntanza que mantiveron esta fin de semana.

Sabina Aguado pediulle que se siga apostando, decididamente, por unha sanidade de calidade e se reforce a carteira de especialidades que se prestan no Hospital Comarcal de Valdeorras —HCV—.

Jesús Vázquez y Sabina Aguado despois da xuntanza mantida a fin de semana

O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estará o próximo martes, 26 de febreiro no Barco, para presentar no hospital o proxecto de mellora para os próximos anos, tanto aos profesionais coma aos representantes dos cidadáns.

«Unha vez máis demostramos a aposta por mellorar os servizos sanitarios máis próximos aos cidadáns, reforzando os hospitais comarcais», declarou Almuíña.



Sabina Aguado, pola súa banda, avalía positivamente a presentación deste importante proxecto; ao tempo que demandou que se siga mantendo o compromiso de incorporar todas as posibles melloras, tanto no referido ó equipamiento como ao persoal.

También te puede interesar