O Concello do Bolo pide extremar as precaucións tras detectar casos de Covid

28 agosto, 2020
O Concello do Bolo pide extremar as precaucións tras detectar casos de Covid
Publicidad

Dende o concello emitiron un bando municipal recordando o uso obrigatorio das máscaras por parte de todas as persoas

O Concello do Bolo ven anunciar a existencia de 2 casos de Covid-19 na localidade, ambos con orixe importada, por elo veñen de sacar un bando recordando a necesidade de extremar as precaucións para evitar máis contaxios.

Publicidad

Uso de máscaras, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade é o que piden dende o consistorio a todos os veciños e visitantes na localidade, ademáis veñen de adquirir un equipo para proceder a desinfección de todos os lugares de risco para a poboación.

Así mesmo deséxanlle unha pronta recuperación aos afectados deixando un número de teléfono para calquera dúbida ou necesidade por parte dos mesmos. 988323030.

También te puede interesar